EMILIO FERNÁNDEZ SUÁREZ DIRECTOR XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DA XUNTA DE GALICIA.
«O noso proxecto é máis amplo que a proposta de Al Gore»
O profesor asistiu o fin de semana á sesión monográfica que o «gurú» contra o cambio climático ofreceu en Sevilla
Entre actores, músicos, algún personaxe do mundo do corazón, empresarios e políticos, o director da política galega na loita contra o cambio climático unha das 200 personalidades que o pasado fin de semana asistiron en Sevilla a unha xornada monográfica do ex vicepresidente de EE.UU. Al Gore para presentar algunhas das súas ideas sobre desenvolvemento sostible. Do chamado apóstolo da loita contra o cambio climático quédase Emilio Fernández co seu «enorme capacidade comunicativa». «A min científicamente non me aporta gran cousa -asume-, pero admito que, se chegase á conferencia sen saber nada, sairía cunha sensibilidade totalmente distinta». Son, recorda, seis horas de exposición por parte do premio Nobel cunha espectacular posta en escea.
..-¿De onde sae o interese do equipo de Al Gore polos plans da Xunta.
.-Xorde como consecuencia dunha visita que a súa xente fixo fai un tempo para coñecer os proxectos da Xunta, e aí, ao coñecer Climántica [programa da Xunta de educación sobre cambio climático], quédanse sorprendidos e deciden invitarnos a participar. Ese proxecto ten un potencial tremendo, é ata máis amplo que o que propón Al Gore, pero a nós vénnos moi ben o seu impacto mediático.
.-¿Da conferencia do ex presidente pódese adiantar que a Xunta terá que cambiar a súa política de loita contra o cambio climático?
.-O noso proxecto é tan rigoroso como o seu e, ademais, adaptado á nosa realidade, a de Galicia. E quizá máis amplo. Non temos por que cambiar a nosa política, pero si que nos serve de alento. Sobre todo para proseguir na tarefa de sensibilización e penetración en sectores que están fóra do ámbito educativo formal, onde xa temos a presenza de Climántica.
.-¿A que sectores hai que dirixir entón o discurso?
.-O programa de Al Gore busca un impacto xeral, especialmente naqueles que son os que toman decisións. Moitos contidos non son trasladables, están moi centrados en EE.UU., pero hai que modelarlos para explicarllos, por exemplo, aos empresarios galegos. O primeiro, os colexios, e logo, neses sectores máis difíciles.
.-¿Haberá algún tipo de transferencia de traballo entre o equipo de Al Gore e a Xunta?
.-Deles a nós, saber concienciar mellor á poboación e trasladarlles que o problema vai moi en serio. Cederannos ademais material, proxeccións... que empezaremos a utilizar en conferencias. Ao revés, Galicia vai a transferir información ao equipo de Al Gore para que o introduza nos seus programas sobre a situación en España do cambio climático.
.-¿É máis unha cuestión de vontade ou económica?
.-[Silencio] A loita contra o cambio climático aféctanos a todos, gobernos locais, provinciales, nacionais... E se a xente non os asume, non haberá investimento para revertirlo. Cando todos sexamos conscientes diso, deuse un paso enorme. Creo que estamos nun punto de cambio de tendencia na percepción deste problema.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario