
Os tribunais decidirán sobre a validez do pleno do PXOM de Vigo
. .O movemento veciñal decidiu levar ata o final o conflito orixinado pola decisión do alcalde do PSOE Abel Caballero de non permitir o acceso libre do público ao pleno celebrado o sábado para aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Unha reunión de urxencia da súa directiva o pasado sábado acordou a presentación nos próximos días dun recurso ante os tribunais co obxectivo de que se anule a sesión.
A medida contra Abel Caballero, que só permitiu acceder ás agachadas a un grupo de simpatizantes do PSOE e a ninguén do público que agardaba no exterior desde horas antes, ten precedentes noutros concellos.
No pleno de Vigo quedou espazo desde o principio xa que os militantes e simpatizantes do PSOE e amigos do alcalde non ocuparon todo o aforamento. A pesar diso, a policía local impediu o acceso de persoa algunha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario