mércores, 16 de xaneiro de 2008

AO PRESIDENTE DA XUNTA


..
.
...
.
........
Sr. Presidente:
.
Vigo necesita unha catarse. Empezar de cero. Un reset que realinee as forzas que levantaron esta cidade e que, agora, convertidos en caóticas, oriéntanse enfrontadas ou diverxentes con lamentables efectos perniciosos: contaminación da natureza, malgasto de recursos, ineficiencia, anos perdidos, loitas estériles e infelicidade na poboación. Si.
A alma desta terra, a beleza dun espazo natural único, a riqueza dun territorio que permitiu o asentamento e o desenvolvemento dunha comunidade emprendedora e traballadora están en perigo. O abuso, a falta de respecto, a inconsciencia, a irresponsabilidade e, posiblemente, a cobiza, fan que teñamos que camiñar mirando ao chan. Triste destino para os vigueses.
Por iso, hoxe, a historia lanza unha luva ao estadista. Para recollelo é necesario mirar máis alto e estar á altura do destino que Vigo e Galicia merece: estar orgullosos da súa terra, da súa xente e do seu traballo. Só quen pode imaxinar ese futuro e convertelo en presente liderará un pobo laborioso que saca o seu sustento desta terra, o seu mar e os seus ríos, pero que debe corresponder a esa riqueza con respecto e asegurando a súa conservación para as seguintes xeracións.
A cultura rural e mariñeira, na que vivimos e da que procedemos, ofrécenos innumerables exemplos e ensinos dese esforzo e esa sabedoría, que forman parte da nosa tradición. Se somos fieis á nosa historia poderemos ver claro o futuro.
Será difícil, pero tampouco o tiveron fácil os nosos antepasados. Como eles, a recado que, levando na mente e na alma os fillos deste país, o temón manterase firme e a proa desta nave que se chama Galicia cabalgará sobre a axitada ondada.

Os mercadores deben volver ao seu sitio. Salve Vigo.

Boa mar, Sr. Presidente.

Ningún comentario: