luns, 14 de xaneiro de 2008

NO PSOE NON HAI DEMOCRACIA

Un informe xurídico indica que Abel Caballero ten responsabilidade penal por impedir acceder ao pleno.



....

A Confederación Estatal das Asociacións Veciñais de España irrompeu onte no conflito xerado en torno ao pleno municipal no que o pasado día 29 de decembro foi aprobado o Plan Xeral de Ordenación de Vigo nunha sesión na que se impediu a entrada libre do público e dos membros de diversos colectivos sociais olívicos. A través dun informe xurídico realizado polo avogado Vicente Vallín, o órgano de representación do movemento veciñal español estima que o alcalde de Vigo, o "socialista" Abel Caballero, podería enfrontarse a unha condena persoal no ámbito penal «pola súa actuación dolosa impedindo o exercicio dun dereito propio das persoas», como o é o da participación dos cidadáns nos asuntos públicos.
O informe realizado polo mencionado avogado incide na vulneración dos dereitos da cidadanía que se cometeu ao deixar entrar na sesión plenaria soamente a público favorable á aprobación do controvertido documento urbanístico. O letrado considera que dita decisión coarta dereitos apoiados pola Constitución española, a Lei de Bases de Réxime Local ou o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. O avogado engade que o Código Penal establece que pode supor unha coacción a prohibición de entrar na sesión que sufriron aqueles a os que os axentes da Policía Local non permitiron o acceso ao pleno polo garaxe da casa consistorial, por onde entraron, entre outros, varios dirixentes do PSOE da comarca viguesa.O informe xurídico advirte de que se incorreron en responsabilidades penais, civís e administrativas ao impedir o acceso aos cidadáns, que nalgúns casos agardaban ante o consistorio desde as cinco da mañá, estima ademais que hai motivos suficientes como para pedir a anulación do pleno, e xa que logo da aprobación do Plan Xeral.

Ningún comentario: