Manuel Vázquez Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.
."O PXOM ten un altísimo grao de cumprimento"
.
"Este PXOM non ten nada que ver co anterior"
. .A que veu a Vigo o Conselleiro de Medio Ambiente?, a lanzar un globo sonda: o PXOM cumpre. Ou dito doutro xeito: ¿Como podo dicirlles aos vigueses que vou aprobar ambientalmente o Plan cando se que é insostible? ¿Como lles podo convencer/enganar?
¡Xa está!, coareilles a roda do muíño co anuncio dunha obra - ou dúas- faraónicas, aínda que me comparen con Corina Porro e a súa solución de levar a macrodepuradora a Cabo Silleiro.
.
O QUE DIXO E NON DIXO
."Avecíñanse escenarios difíciles para o sur de Galicia, xa que esta zona é máis sensible ao cambio climático". A nosa previsión é que para evitar problemas de abastecemento de auga nos próximos 30 anos, necesitamos duplicar de 1500 a 3000 l/s a capacidade de subministración. Non sabemos aínda como o imos a facer, nin canto custará nin cando o teremos disposto.
Tampouco, por suposto, cal podería ser o impacto de traer poboación a Vigo ata duplicala co PXOM e ir buscar 1500 l/s de auga ao río Miño (33 km de tubaxes) nunha situación de menos precipitación e, por suposto, menos reserva hídrica e caudais, co conseguinte impacto ambiental que acarrearía.
En canto a depuración de augas, é certo que Vigo contamina o río Lagares, a parroquia de Coruxo e aos seus habitantes e á propia Ría de Vigo. É certo que a depuradora actual é tan deficiente que ata pretendemos demolela (custou 6.000 millóns de pesetas), facer outra no seu lugar da que aínda non temos o anteproxecto, nin se irá soterrada (en contra do anunciado). Non podemos asegurar cando estará feita, nin sequera se se fará (hai que ter en conta que hai un contencioso pola anterior, e que podería suceder que por circunstancias legais, políticas ou técnicas optásese por outro modelo de saneamento que non fosen a macrodepuradoras)
Iso si. O PXOM insostible que duplica Vigo, "ten un altísimo grao de cumprimento.
O Conselleiro cambiou a chaqueta, cando cambiou o goberno de Vigo, está mentindo descaradamente cando dí que este PXOM non ten nada que ver co anterior, en que quedamos, Abel Caballero e Santi Dominguez, din que o PXOM non ten cambios con respecto ao anterior, o Conselleiro minte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario