XOAQUÍN ÁLVAREZ CORBACHO
.
Ese é o título dun suxestivo traballo realizado por Albino Prada, profesor da Universidade de Vigo, recentemente publicado (Grial, 176). No mesmo móstranse as causas que motivaron a dispersión poboacional galega dos últimos corenta anos, identificando á súa vez os custos que a mesma xera.
Partindo da explicación de Bohuier sobre o asentamento da poboación galega a mediados do século pasado (en espazos de estructura compacta e núcleos múltiples que respondían á lóxica dunha sociedade agraria e rural), o autor subliña tres factores básicos que impulsaron a dispersión: o automóbil privado (mellora a mobilidade), as infraestructuras e redes viarias (melloran a accesibilidade), así como un mercado inmobiliario atractivo e rendible. Outras causas tamén citadas son o aforro da emigración europea, o abandono das actividades agrarias e forestais, a ausencia de políticas de ordenación territorial, a fuxida da conxestión urbana e do compacto especulativo, a vivenda como alternativa investidora, os baixos tipos de interese, a crecente demanda de espazos residenciais. Todos estes factores contribuíron a crear un país complexo, disperso e caro, onde os custos xerados pola cidade difusa e polo diseminado rural seguen ocultos baixo o veo interesado da ignorancia.
Porque a dispersión ten custos relevantes. Xa sexan directos (chan e construción) ou indirectos, que á súa vez son privados (transporte, tempo, benestar) e públicos (servizos asociados á vivenda, ambientais e de capital social). O menor custo do chan no rural incentiva o disperso, xa que os derivados do transporte, tempo, accidentes ou benestar son diferidos e menos visibles para o comprador. Os custos indirectos públicos (abastecemento de auga, saneamento, alumeado, viarios, transporte escolar, seguridade) son elevados e en gran parte deberían recaer sobre os propietarios, pero a incapacidade das Administracións e o clientelismo reduciron a decisión ao binomio adoito/edificación que reforza o disperso. Os custos ambientais (enerxéticos, paisaxísticos..) e de capital social (tecido asociativo, posibilidades culturais..) apenas se consideran.
O traballo finaliza propondo tres estratexias urxentes: reducir a cantonalización municipal nos espazos metropolitanos, modificar o investimento público en mobilidade e facer do compacto-nuclear o eixo da ordenación territorial de Galicia. Pero o traballo silencia a enorme responsabilidade das Administracións públicas que permitiron o desaguisado (comunidade autónoma e municipios). Ese abandono e incultura urbanística é o noso gran fracaso colectivo en democracia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario