venres, 1 de febreiro de 2008

MOITA INCULTURA E MOITO INCULTO

Non cabe dúbida, nesta cidade hai moita incultura e moito inculto.
.
Estas palabras de D. Jaime Garrido Rodríguez, con quen Galicia e Vigo están, e estarán eternamente, en débeda son de aplicación ao PXOM de Vigo e a os partidos e seus representantes que pasaron pola Corporación viguesa, coas honradas excepcións que todos coñecemos.
Ante a situación de extrema gravidade pola que pasa actualmente a tramitación do Plan Xeral de Vigo (PXOM), a Xunta de Galicia ten ante si o desafio de actuar con autoridade e en defensa da lei e a Constitución, Vigo e a súa poboación. O presidente, que accedeu a ese lugar reservado onde se decide, deberá tomar unha decisión fronte á historia: salvarnos de nosos -e non tan nosos- incultos e a nosa incultura.
Se ten dúbidas de se a incultura é maioritaria na poboación de Vigo-particularmente a que vota- e ésta estaría de acordo coa aprobación dun PXOM charramangueiro (Hortera), só ten que sometelo a referendum, como pode tamén someter a referendum a demolición do edificio sinalado para comprobar que queren os cidadáns vigueses. Fácil decisión, dificil execución. En todo caso, ante a dúbida do que se debe conservar e o que se debe demoler, sóamente hai que guiarse por un criterio: cumprir a lei.

Ningún comentario: