CONSULTORA GALEGA DESEÑA UN PLAN DE MOBILIDADE INSOSTIBLE PARA VIGO
.
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE *
.
Enténdese por principios os criterios fundamentais ou postulados universais que permiten xeneralizar solucións particulares. As súas funcións son, por unha banda, converterse en fonte subsidiaria nos casos de lagoas legais e cuestións non previstas xuridicamente; por outro, informan a todo o ordenamento xurídico. Así mesmo, cumpren a función de converterse en tendencias e orientacións a seguir no proceso da lexislación [Jaquenod 1999]
Os principios clasificáronse en dous grupos. Os de carácter xeral son equidad social, participación e acceso á información e responsabilidade compartida. O resto son principios coñecidos de xestión ambiental: integración, cautela ou precaución, prevención, corrección de danos e avaliación e seguimento. Diferenciouse o principio de conservación do medio rural pola especificidade de Vigo e para subliñar os valores ambientais asociados a este medio. Todos son principios fundamentais para a sostenibilidade.
.
PRINCIPIO DE EQUIDAD SOCIAL.
PRINCIPIO DE PARTICIPACIÓN E ACCESO Á INFORMACIÓN.
PRINCIPIO DE RESPONSABILIDADE COMPARTIDA.
PRINCIPIO DE INTEGRACIÓN
PRINCIPIO DE CAUTELA O PRECAUCIÓN.
PRINCIPIO DE PREVENCIÓN.
PRINCIPIO DE CORRECCIÓN DE DANOS.
AVALIACIÓN E SEGUIMENTO.
CONSERVACIÓN DO MEDIO RURAL
.
*Extraídos do ditame "Sustentabilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal e da construción da Rolda de Vigo". Javier Montalvo.
.
OS PRINCIPIOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE APLÍCANSE AO PRINCIPIO.
.
O PLAN XERAL É O PRIMEIRO PLAN. O DESENVOLVEMENTO DO PLANEAMENTO FAISE A PARTIR DO PLAN XERAL.
.
OS PRINCIPIOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE HANSE DE APLICAR AO REDACTAR E AVALIAR O PLAN XERAL.
.
OS IMPACTOS DUN PLAN SON SEMPRE MAIORES QUE A SUMA DOS IMPACTOS DE CADA UNHA DAS ACTUACIÓNS (PLANS E PROXECTOS) CONTIDAS NEL. SE SE AVALÍAN OS PLANS PARCIAIS NON SE AVALÍA O PLAN XERAL.
.
SE NON SE CONSIDERAN OS EFECTOS SOBRE O MEDIO AMBIENTE, OS DANOS AMBIENTAIS SON MAIORES CANTO MAIS EXECUTADO ESTÁ UN PLAN. E, POLA CONTRA, SE SE CONSIDERAN, CANTO ANTES SE FAGA, MENORES SERÁN OS SEUS EFECTOS PERNICIOSOS.
.
A MOBILIDADE INSOSTIBLE AUMENTA A CONTAMINACIÓN E CONTRIBÚE AO CAMBIO CLIMÁTICO. SE SE APROBA UN PLAN XERAL SEN UN ESTUDO DE MOBILIDADE SOSTIBLE, ESTASE CONTRIBUÍNDO DELIBERADAMENTE AO CAMBIO CLIMÁTICO.
.
QUEN TEN QUE VELAR PORQUE SE CONSIDERE A ALTERNATIVA CERO NON PODE APROBAR UNHA DECISIÓN QUE NON TIVO EN CONTA A ALTERNATIVA CERO.
.
DECIDIDA A ESTRATEXIA, PROXÉCTASE O PLAN. A LEI 9/2006, DE 28 DE ABRIL, OBRIGA AVALIAR AMBIENTALMENTE AS LIÑAS ESTRATÉXICAS DO PLAN. SE SE APROBA O PLAN SEN REALIZAR A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA, INCÚMPRESE A LEI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario