sábado, 29 de marzo de 2008

VIGO PODE CONTAMINAR

VIGO PODE CONTAMINAR O PLANETA PERO DEBERÁ TER AS RÚAS LIMPAS.
(Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible)
.
A resolución de 28 de Marzo da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible sobre o PXOM de Vigo mostra a torpeza e a irresponsabilidade da Consellería de Medio Ambiente á hora de velar pola sostibilidade do Plan Xeral e de Vigo.
Tomemos un exemplo: Xestión dos residuos sólidos urbanos (RR.SS.UU). O Director Xeral, D. Emilio Fernández, no informe aludido afirma e firma que como Vigo envía as súas RR.SS.UU. a SOGAMA, a súa xestión é respectuosa co medio ambiente e sostible. Pero o informe do Tribunal de Contas demostra que a xestión dos RR.SS.UU. en SOGAMA, É INSOSTIBLE e o Presidente de Sogama recoñéceo.
A CUESTIÓN PARA A CONSELLERÍA, XA QUE LOGO, NON É A SOSTIBILIDADE, XESTIONAR EFICIENTEMENTE OS RECURSOS SENÓN ONDE SE BOTA O LIXO QUE XERA UNHA CIDADE. UNHA CIDADE COMO VIGO QUE CONTAMINA SEN CONTROL CON RESIDUOS SÓLIDOS, LÍQUIDOS E GASEOSOS NO LAGARES, EN CORUXO, NA RÍA O EN CERCEDA O ÚNICO QUE LLE PREOCUPA É CRECER INFUNDADAMENTE COMO RECOÑECE A CONSELLERÍA, CANDO A ÚNICA ESTRATEXIA POSIBLE É QUE A CIDADE DE VIGO RESOLVA ESTES PROBLEMAS ANTES DE FACELOS MAIORES CUN CRECEMENTO INSOSTIBLE.
SÓ OITO LIÑAS DEDICA A DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE PARA TRATAR ESTE ASUNTO QUE TANTA INCIDENCIA TEN NA SAÚDE DOS VIGUESES E GALEGOS.
..
Entrevista: José Álvarez. Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama).
.

«Sogama (a planta de Cerceda) pode tratar ao ano 500.000 toneladas, pero recibe 900.000»
: A política comunitaria de medio ambiente establece unha xerarquía clara de como se deben xestionar os residuos. O primeiro paso é a prevención, reducindo ao máximo a producción de lixo. Despois está a reutilización e a reciclaxe e, para rematar, a revalorización enerxética, ademais de, se é necesario, o depósito controlado en vertedoiros.
.
INFORME DE FISCALIZACIÓN DA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE S.A. (SOGAMA)
..

EXERCICIO 2004
V. RECOMENDACIÓNS
INFORME DEFINITIVO
. .
En relación coa área de análise da actividade
.
5.1. A Sociedade debera realizar un esforzo significativo aos efectos de mellorar as porcentaxes de reciclaxe e de recuperación de materiais da súa planta de clasificación para equiparar o seu rendemento á media do resto de plantas similares no Estado. Por outra parte, considérase necesario afondar na promoción efectiva do establecemento na Comunidade Autónoma de instalacións ou empresas de reciclaxe que acaparen a actividade económica xerada cos recursos derivados dos RU, que actualmente seguen a desviarse maioritariamente a outras comunidades,e que resposten ao principio de proximidade na xestión dos mesmos.
..
5.2. En relación co problema da crecente falta de capacidade das instalacións de SOGAMA para o tratamento adecuado da totalidade do lixo que recibe, a Sociedade debera plantexarse unha solución que resposte a criterios de servizo público e que sexa respectuosa cunha aplicación máis ponderada do principio de complementariedade na xestión dos RU. Neste senso, cabe sinalar que o proxecto da planta de biomasa deseñado para o tratamento do lixo excedentario supón unha intensificación do carácter incinerador do modelo que resulta incompatíbel coa reciclaxe e outras formas de tratamento dos residuos, así como o incumprimento do principio de redución, debido á lóxica de rendibilización do modelo.
.
5.3. A eliminación controlada do lixo excedentario recibido pola Sociedade no seu depósito da Areosa supón a aplicación da última das opcións contempladas na xerarquía de xestión dos RU. En tanto en canto non se adopte unha solución definitiva para o seu tratamento, a Sociedade debera implementar sistemas de pretratamento que permitisen a recuperación de materiais procedentes deste lixo, aos efectos de asegurar unha certa valorización do mesmo.
..
5.4. En relación coa xustificación do importe económico do actual canon único aplicado por SOGAMA pola prestación dos seus servizos, recoméndase unha maior transparencia, no senso de explicitar o grao de dependencia financeira da Sociedade da facturación do volume de lixo excedentario actual e futuro, e sobre todo do que resulte en función dos custos que conleve a solución que finalmente se adopte para o seu tratamento integral.
.
5.5. O proxecto SOGAMA, unha vez se teña solventado o problema da falta de capacidade actual, debera ofrecerse non só como alternativa, senón como complementario do tratamento dos outros dous sistemas de xestión de RU que optaron preferentemente pola valorización orgánica dos mesmos.
.
5.6. A Sociedade debera garantir un maior grao de acceso á información sobre os seus niveis de emisión en continuo, actualmente facilitada en dous paneis situados no seu edificio administrativo, a través da incorporación da mesma á súa páxina web.

http://www.ccontasgalicia.es/

RESOLUCIÓN DE 28 DE MARZO DE 2008, DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE POLA QUE SE DECLARA A INVIABILIDADE DO SOMETEMENTO DO PXOM DE VIGO, SOBRE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA.
.
3.1.4. Residuos.
.
O PXOM do concello de Vigo envía os residuos sólidos urbanos (RSU) a SOGAMA e prevé a creación de oito puntos limpos situados en polígonos industriais ou actuacións urbanísticas importantes. Os desenvolvementos urbanísticos futuros deberán ter en conta as capacidades dos sistemas e infraestructuras dispoñibles de modo que se manteña a xestión dos RSU conforme a lexislación vixente procurando evitar os vertidos e os impactos no medio.
Outro tipo de residuos (agrarios, industriais, perigosos, inertes...) deberán ser xestionados conforme a lexislación vixente procurando evitar os vertidos e os impactos no medio.
.

http://aae.medioambiente.xunta.es/VerArquivo.do?idd=1495

Ningún comentario: