Blindaxe do territorio grazas á lei da paisaxe
.
.
O texto obrigará ós novos proxectos a incluír unha avaliación do impacto visual que provocará na zona para preservar a nosa identidade
..
.
..
.
Protexer a paisaxe como parte do territorio e símbolo da nosa identidade. Con este obxectivo, o Consello da Xunta aprobou onte o proxecto de Lei de protección da paisaxe de Galicia, pola que ademais da declaración de impacto ambiental, os novos proxectos deberán incorporar un estudo do impacto visual ou paisaxístico para avaliar os efectos que provocará na zona.
A nova lei promoverá políticas para a súa conservación, protección, xestión e ordenamento a partir dos catálogos da paisaxe de Galicia, documentos que delimitarán as grandes áreas paixísticas e que incluirán un inventario dos valores de cada área e dun diagnóstico, identificando as zonas que precisan medidas especiais de protección e intervención. "O obxectivo é recoñecer xuridicamente a paisaxe e promover políticas para a súa xestión e conservación, a través dun valioso instrumento legal que deberá servir de marco de referencia para todas as lexislacións", indicou Emilio Pérez Touriño, na rolda de prensa posterior ó Consello da Xunta.
Seguindo esta liña, a lei establece a existencia das directrices da paisaxe, que precisarán cal é a calidade axeitada para cada zona e as accións específicas para lograla, aí como unha descrición dos indicadores de calidade para o control das paisaxes e normas para a definición dos plans urbanísticos e sectorais. Estas directrices terán carácter vinculante para os instrumentos de planificación sectorial e urbanística e integraranse na Avaliación Ambiental Estratéxica que deben incluír os PXOMs.
Os espazos protexidos serán especialmente tratados nesta normativa, que creará plans de acción especiais centrados nas paisaxes de espazos naturais de especial protección. O colofón será a creación do Observatorio Galego da Paisaxe, que será a entidade de apoio e asesoramento á Xunta, así coma o órgano responsable da colaboración e coordinación con outras administracións e sectores da sociedade.

A terceira do Estado, tras Valencia e Cataluña
.
.
A normativa galega é a terceira que se aproba no Estado, tras o regualamento valenciano e mais o catalán, e segue tamén a senda do Convenio Europeo da Paisaxe, que entende este elemento como algo "esencial" para o benestar das persoas. Non obstante, para o Colexio de Xeógrafos de España, Antonio Prieto Cerdán, a norma galega é máis feble que as súas predecesoras. "Queda curta", asegurou no macro dunhas xornadas en Compostela, xa que non vén da man da Lei de ordenamento, como si o fai a valenciá. "Isto suponlle unha obriga máis feble, correndo o risco de que ninguén a cumpra".
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario