¿QUEN QUERE FACER NEGOCIO COA UNIVERSIADA?
.
O orzamento para a Universiada dispárase ata case 500 millóns de euros
.
O reitor afirma que se construirán 2.500 vivendas que se poderían revender a cen mil euros cada unha.
.
¿NON AFECTA A CRISE ECONÓMICA AO CONCELLO, XUNTA E OUTRAS INSTITUCIÓNS? ¿NON HAI OUTRAS PRIORIDADES MAIS URXENTES? ¿OS POLITICOS PENSAN NOS CIDADÁNS?
.
O orzamento da Universidade de Vigo é de 492,7 millóns de euros. Son as cifras manexadas polo Concello e a Universidade de Vigo se a cidade é elixida o próximo 31 de maio en Bruxelas como sede da olimpíada universitaria do ano 2013.
Do monto total, 448,8 millóns serían investimentos en instalacións financiadas polo Goberno central, Xunta de Galicia, o Concello, a Deputación, a Universidade e o Consello de Universidades. Segundo o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, as institucións públicas debería desembolsar as súas achegas ao longo de cinco anos, desde o 2008 ata a data de celebración.
Deste diñeiro para edificios 310 millóns irían destinados á construción da vila olímpica; 138,5, empregaríanse na construción e remodelación de instalacións deportivas -que seguirían usándose no futuro- e tres millóns máis de euros noutras infraestruturas.
O presidente da Xunta e secretario xeral do PsdeG, Emilio Pérez Touriño, deu instrucións para arrefriar o soporte do seu partido á candidatura viguesa, temeroso de que ás arcas públicas galegas poida nacerle unha nova Cidade da Cultura no sur de Galicia, e tamén xestionada directamente polo BNG (que perdeu o norte), cando a cidade olívica ten sen resolver problemas non menores relacionados coa accesibilidade, o porto, o solo industrial...
2 comentarios:
VA DE PELOTAZOS, APARCAMIENTOS, UNIVERSIADA Y PISCINAS POR 50 AÑOS
ESTE ULTIMO PELOTAZO LO FIRMA LUCIA (OPUS) LO REAFIRMA CHEMITA (JESUITA) Y LO APOYA SANTI (COMPAÑIA SAN JOSE)
¡A ROBAR QUE SON DOS
PVBUGARIN eres un payaso insultando a la gente en los blogs. Se quien eres asi que cuida tu lenguaje porque eres una mierda de persona.
Publicar un comentario