venres, 4 de abril de 2008

O PXOM DE VIGO É INSOSTIBLE

SANEAMENTO
.
O CONCELLO DE VIGO ALCANZOU UNHA EFICIENCIA SUPERIOR AO 100% EN CONTAMINACIÓN DE AUGAS. A CAPACIDADE DE SUMINISTRO DO OITAVÉN E ZAMÁNS É DE 1.500 L/S DE AUGA APTA PARA O CONSUMO HUMANO, E A DEPURADORA DE CORUXO ENTREGA AO LAGARES E A RIA DE VIGO 1.921 L/S. DE AUGA CONTAMINADA.
.
PODES ENSUCIALO TODO PERO NON PISES O CHAN RÚSTICO
.
Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible. Consellería de Medio Ambiente.
.
Agora mesmo o Lagares está contaminado e a depuradora de Coruxo é incapaz de tratar todas as augas contaminadas que lle chegan. A depuradora do Lagares, a maior existente na ría, verte cada día ao mar 166 millóns de litros de carga contaminante. Deste total, 46 millóns non reciben ningún tipo de tratamento, mentres que os 120 restantes van saturados de coliformes, bacterias consideradas como indicadores de contaminación fecal no control de calidade da auga destinada ao consumo humano.
Aceptemos a previsión utópica da Xunta e Goberno Central de que en 2012 estea construída unha nova depuradora na Xunqueira do Lagares e construída unha rede separativa de augas negras, grises e pluviais.
.
Presumamos como o Sr. Caballero que O PXOM de Vigo apróbese no 2008.
.
O Plan prevé construír no primeiro cuadrienio (2008, 2009, 2010, 2011) 55.709 vivendas (48% do primeiro cuadrienio das 116.061 para 12 anos), o que suporá un incremento sobre o parque construído (135.000) do 41%, e de poboación (a razón dunha media de 3 persoas por vivenda) de 167.127 persoas (para 2 persoas, 111.418 persoas). 167.127 supón máis do 50% de incremento respecto dos 300.000 residentes actuais. Xa que logo, se estimamos á baixa un incremento do 50% dos 166 millóns de litros que verte agora a depuradora de Coruxo darianos: 249 millóns de litros.
A conclusión é que nos próximos 4 anos, ata que estea funcionando a nova depuradora, vai haber un incremento de contaminación en Coruxo e na Ría de Vigo ata 249 millóns de litros por día. Sen contar con que en días de choiva ou parada, seguirase vertindo directamente ao Lagares e á Ría de Vigo todo o caudal que entra na depuradora. ¡CLARAMENTE INSOSTIBLE!
Parece lóxico deixar de contaminar antes de contaminar máis. E parece lóxica que esta sexa a postura e os motivos da consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para non aprobar ambientalmente o PXOM e obrigalo a someterse a Avaliación Ambiental Estratéxica. Con todo quen ten que protexer o medio ambiente non actuou así.
.
Vexamos que di o conselleiro de Medio Ambiente e o director xeral de Desenvolvemento Sostible no seu informe do 28 de marzo de 2008 sobre o PXOM de Vigo.
.
Saneamento:
.
Na documentación adicional remitida polo concello de Vigo con data 10 de xaneiro de 2007 indicar que as necesidades de depuración poderían cubrirse coa mellora e ampliación dá EDAR do Lagares. Na resolución desta Dirección Xeral do pasado 10 de setembro, establecíase que unha vez resolta a situación dá nova depuradora de Vigo, a ampliación proposta dá depuradora na desembocadura do Lagares debía quedar plenamente recollida non PXOM tendo presente que non podería afectar ós ámbitos de especial protección contiguos (requisito cuarto de antedita resolución). Ó respecto do saneamento, ou Estudo de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico (ESAITP) do documento de PXOM aprobado provisionalmente ou pasado 29 de decembro recolle na páxina 19, ademais dous cambios realizados para incorporar ou requisito terceiro (transcrito non punto anterior), que "A ampliación de dita depuradora queda efectivamente recollida non PXOM e non afecta aos sos rústicos de especial protección contiguos" en cumprimento do requisito cuarto.
Os novos desenvolvementos en só urbanizable deberán contar con rede separativa, que tamén deberase ir incorporando progresivamente no solo urbano coa finalidade de reducir o aporte de pluviais ao sistema de depuración.
.
DOCUMENTACIÓN/ENLACES
.
O plan integral de saneamento das augas da Ría de Vigo conta cun orzamento mínimo de 209 millóns de euros, 12 dos cales destinaranse á redución das descargas microbiolóxicas e os 197 millóns restantes financiarán a mellora da calidade das augas. Así, o orzamento para a nova depuradora oscila entre os 160 e os 180 millóns de euros. Manuel Vázquez explicou que o anteproxecto da nova depuradora de Vigo deberá estar entregado no primeiro trimestre do próximo ano e que o compromiso é proceder á súa execución inmediata para licitar as obras canto antes. Así, reafirmouse en que o obxectivo é que no primeiro semestre de 2011 estea solucionado integralmente o problema de contaminación destas augas. R., 2007-12-12
.
.
Nova depuradora
.
Doutra banda, o conselleiro de Medio Ambiente explicou que "a finais de febreiro" entregarán ao Concello o anteproxecto para a construción dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na desembocadura do Lagares e que substituirá á actual instalación. A partir de aí, aclarou que "estableceremos un parámetro de entre 30 e 45 días para analizalo desde o punto de vista do Concello e de Augas de Galicia" para "a finais de marzo ou principios de abril iniciar a información pública dese proxecto 23/01/2008
.
.
Iniciado proceso de selección de persoal
.
02/05/2007 - De acordo coa programación dos Recursos Humanos para o exercicio 2007 da Sociedade Estatal Augas da Cunca do Norte e para a súa actuación "Saneamento de Vigo", precísase a cobertura dos seguintes postos: XEFE DO DEPARTAMENTO PROXECTOS E OBRAS DE SANEAMENTO, ENXEÑEIRO TÉCNICO, DELINEANTE, ADMINISTRATIVO
.
.
A elaboración do proxecto para o Saneamento de Vigo custará 1.250.000 euros
.
10/03/2007 - O saneamento da ría de Vigo comezará a ser unha realidade a partir de finais do 2010 ou comezos do 2011, segundo afirmou onte o conselleiro de Medio Ambiente Manuel Vázquez Fernández.
As declaracións foron realizadas tras a firma do protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, Augas de Galicia e a sociedade Augas da Cunca do Norte para desenvolver a actuación de saneamento da ría de Vigo, que terá un orzamento de 1.250.000 euros e executarase como paso previo á construción da depuradora viguesa.
O conselleiro de Medio Ambiente sinalou que o orzamento estimado para a depuradora de Vigo é de 180 millóns de euros e que será financiada de «xeito excepcional» coa colaboración do Ministerio de Agricultura, con 104 millóns de euros, 61 millóns achegará a Xunta e 15 o Concello de Vigo.
Na súa dobre condición de presidente da Confederación Hidrográfica do Norte e de AcuaNorte, Jorge Marquínez, explicou que «o problema de Vigo» débese a que o goberno anterior non fixo «os seus deberes». Marquínez destacou que o criterio utilizado nesta obra é o de «acelerar ao máximo as tarefas». O protocolo pretende definir as posibles alternativas técnicas para a construción da depuradora e analizará a evolución das verteduras á ría, entre outras medidas.
.
-
.
.
.

Ningún comentario: