luns, 21 de abril de 2008

PXOM DE VIGO

¿SON LEXÍTIMAS AS DECISIÓNS DO GOBERNO MUNICIPAL E A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE?
.
Cremos, sinceramente, que non. E non só iso.
.
PERMITÍMONOS EXTRAER UNS PARÁGRAFOS DUN ARTIGO NO PAIS PARA ILUSTRAR A NOSA AFIRMACIÓN
.
“A demanda social de xustiza non se satisfai só porque se decida sobre o caso senón porque se decida ben, con boas razóns, explicadas e explicables, e, ademais, nun tempo razoable”.
“Como salientou Arendt, a experiencia social demostrou que cando nunha organización de poder público se difumina a idea da responsabilidade individual e substitúese pola corporativa, aquela pode embarcarse en cursos de acción pouco suxeitos a límites”.
.
Durante 5 anos negáronse dereitos aos cidadáns de Vigo (contestacións "explicables" ás alegacións, referendo, exposición pública, etc.) por gobernantes escollidos democraticamente. Esta lexitimidade formal non pode colocar ao pobo nunha situación de maior debilidade da que xa ten fronte ao poder executivo, cando este comete actos que NON cumpren "un rigoroso cadro de condicións lexitimantes", porque, en tal caso como acontece co urbanismo en Vigo, a democracia resulta ineficaz, o pobo perde a súa soberanía e a lei nunca atopa á xustiza. As responsabilidades individuais polas licenzas ilegais non están depuradas nin asumidas.
.
ANÁLISE
Xustiza: a regra de ninguén
.
Os tráficos e recentes sucesos de Huelva mostran que as dificultades para identificar as responsabilidades son a consecuencia do proceso de patolóxica burocratización da administración da xustiza...

Ningún comentario: