xoves, 22 de maio de 2008

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PXOM DE LUGO

O BNG solicita unha nova exposición pública do Plan Xeral de Lugo
.
O grupo municipal do BNG en Lugo anunciou este martes que ten previsto solicitar unha nova exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal
(PXOM), para que todos os cidadáns teñan constancia dos cambios introducidos desde que se iniciou a negociación política entre o goberno local e os partidos da oposición para sacar adiante o documento. Os nacionalistas son conscientes de que esta petición podería atrasar entre "8 e 12 meses" a aprobación definitiva das novas normas urbanísticas.
En calquera caso, o portavoz do BNG, Xosé Anxo Lage, deixou claro que a intención dos nacionalistas é dotar ao documento dunha "garantía xurídica" que evite a proliferación de recursos contencioso-administrativos contra o documento, como sucedeu "en Santiago de Compostela, Ourense ou Arzúa", que dificultarían aínda máis a aplicación das novas normas urbanísticas.
Lage asegurou que esta medida é un exercicio de transparencia, porque os cidadáns teñen dereito a coñecer o contido do plan antes de que non teña volta atrás. Nese sentido, precisou que o goberno local debería abrir ese período de exposición pública, por un prazo de dous meses, logo da aprobación provisional do documento en pleno, prevista para outubro ou novembro, e antes de que sexa sometido á consideración definitiva por parte da corporación.
-

Ningún comentario: