luns, 19 de maio de 2008

INSEGURIDADE XURIDICA DO PXOM

A XUNTA DE GALICIA XEROU UNHA SITUACIÓN DE INCERTIDUME E MANIFESTA INSEGURIDADE XURÍDICA COA SÚA DECISIÓN DE APROBAR O PXOM DE VIGO. ALTERNATIVA VECIÑAL ASEGURA QUE O PRONUNCIAMENTO CARREXARÁ GRAVES CONSECUENCIAS PARA O FUTURO DE VIGO E OS SEUS CIDADÁNS. “É UNHA DECISIÓN INXUSTA E INSOSTIBLE DA XUNTA DE GALICIA”
.
ORDE DO 16 DE MAIO DE 2008 SOBRE APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO (PONTEVEDRA)
.
Páxina 4
.
A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, mediante resolución do 10 de setembro de 2007, estableceu os requisitos que se deberían cumprir para que se puidera declarar a inviabilidade de someter o PXOM de Vigo ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica (AAE).
.
Interpretemos: Dille a CMA ao Concello de Vigo: vouche dicir o que tes que facer para que a avaliación ambiental estratéxica do Plan sexa imposible (inviable).
.
¿Algún xornalista independente o pode explicar? ¿Algún avogado ou xurista independente? ¿Algún lingüista? ¿Algún cidadán?
.
A Avaliación Ambiental Estratéxica ten que facerse de todo o Plan. Porque, en caso contrario, ¿que acontecería se un número elevado de ámbitos de desenvolvemento non pasan a Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE)?. Pois que serían insostibles, non se desenvolverían ou se modificarían. A consecuencia é que a aprobación parcial do Plan por Política Territorial estaría en contradición cun número elevado de ámbitos que deberían modificarse e polo tanto o que procedería sería a denegación da aprobación definitiva. É ilóxico e ilegal tomar unha decisión urbanística (aprobación parcial) antes de avaliar ambientalmente o Plan. É absurdo.
A aprobación parcial do PXOM de Vigo é unha decisión ilóxica, absurda e ilegal. Aboca aos cidadáns a gastarse o diñeiro para recorrer aos tribunais. Permite dar licenzas que logo serán declaradas ilegais, e autoriza a construír edificios e torres que logo non quererán derrubar. É inmoral e demostra a total falta de ética de quen tomou as decisións.
.
O partido Socialista, que enganou ao pobo de Vigo nas pasadas eleccións municipais sobre o PXOM, non aprendeu nin aprenderá sobre as consecuencias que traerá o urbanismo en Vigo, pasarán á historia como responsables da desfeita do urbanismo na cidade, a señora Villarino como responsable do PXOM do ano 93 e o Sr. Caballero como responsable do 2007, sen esquecer a responsabilidade da señora Caride (CPTOPT). ¡Non aprenderán nunca!

Ningún comentario: