martes, 6 de maio de 2008

NO CAMIÑO A SANTIAGO ESQUECEMOS ONDE IRAN OS BOIS

Se, logo de tres anos sen Directrices de Ordenación do Territorio, a Xunta de Galicia aproba, agora, un Plan de Ordenación anacrónico e obsoleto para Vigo sería unha proba de que o PSdG-PSOE carece de proxecto político para este País ou non ten valor para levalo adiante. "Non teño proxecto" ou "Non tiven valor" serían os novos slogans do PSdG-PSOE para a campaña das próximas eleccións autonómicas.
As declaracións do conselleiro de Medio Ambiente son incoherentes coa resolución da mesma consellería de 28 de marzo de 2008, asinada polo director de Desenvolvemento Sostible, e deberían levar á consellería de Política Territorial a denegar a aprobación definitiva do PXOM de Vigo. Nin é segura a construción da macrodepuradora na Xunqueira do Lagares, nin existe aínda anteproxecto, nin se esa será a proposta definitiva para depurar as augas residuais de Vigo. Novos cambios, segundo o conselleiro, constituirían modificacións substanciais e, xa que logo, máis razóns para a obrigada exposición pública.
En resumo: Compróbase que, en saneamento, non hai unha proposta solvente no PXOM. A resolución da consellería de Medio Ambiente NON é producto dunha análise técnica senón un acto de fe ou interese partidista en prexuízo do interese xeral. E a decisión final da conselleira de Política Territorial deberá ser responsable pondo en evidencia de novo as ilegalidades, a falta de claridade, as contradicións e as incoherencias do PXOM de Vigo, ata as propias da consellería de Medio Ambiente.
.
ENTREVISTA A D. MANUEL VÁZQUEZ, CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE
05/05/2008
.
A Xunta tomará "todas as decisións" sobre a depuradora de Vigo no prazo dun mes.
A Xunta aínda non definiu o tipo de depuradora que se construirá en Vigo e ata se terá que levar a outro lugar, en función da opción elixida.
.
.
DECLARACIÓNS DE D. MANUEL VÁZQUEZ
21/11/2006
.
Con todo, a hipótese de trasladala a outro emprazamento tería consecuencias todavía máis importantes. «Se leva a outro lado entón non pode aprobarse ou Plan Xeral xa que implicaría unha modificación substancial do documento».
..
.
RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE DE 28 DE MARZO DE 2008
.
Saneamento: Na documentación adicional remitida polo concello de Vigo con data 10 de xaneiro de 2007 indicar que as necesidades de depuración poderían cubrirse coa mellora e ampliación dá EDAR do Lagares. Na resolución desta Dirección Xeral do pasado 10 de setembro, establecíase que unha vez resolta a situación dá nova depuradora de Vigo, a ampliación proposta dá depuradora na desembocadura do Lagares debía quedar plenamente recollida no PXOM tendo presente que non podería afectar ós ámbitos de especial protección contiguos (requisito cuarto de antedita resolución).
Ó respecto do saneamento, ou Estudo de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico (ESAITP) do documento de PXOM aprobado provisionalmente ou pasado 29 de decembro recolle na páxina 19, ademais dos cambios realizados para incorporar ou requisito terceiro (transcrito non punto anterior), que "A ampliación de dita depuradora queda efectivamente recollida non PXOM e non afecta aos solos rústicos de especial protección contiguos" en cumprimento do requisito cuarto.
.
ENTREVISTA A Dª MARIA JOSÉ CARIDE, CONSELLEIRA DE POLÍTICA TERRITORIAL
4/05/2008 -
.
Comprometeuse a resolver o Plan Xeral nun mes, e pasou o prazo. ¿Por que se atrasa?
- Estamos terminando a análise rigorosa de todos os seus aspectos. O traballo está moi avanzado e espero que, como máximo, en dez días poderá quedar resolto. O prazo legal é de tres meses, e estamos facendo un gran esforzo para cumprir o noso compromiso de aceleralo.
- ¿Pode anticipar xa se haberá unha aprobación total ou parcial?
- Debemos ser precavidos. Necesitamos unha visión global. Hai que comprobar todo, e ata o final non se decide o resultado.
.

Ningún comentario: