domingo, 25 de maio de 2008

PEQUENAS DEPURADORAS

«A mellor opción é unha rede de pequenas depuradoras»
.
ENTREVISTA.
.
Afectado pola planta do Lagares, Celso Comesaña leva anos implicado na loita veciñal contra a depuradora do Lagares, que desde fai máis dunha década trae de cabeza aos veciños. A construción dunha planta máis grande no mesmo lugar supoñería, ao seu xuízo, agravar o problema.
-A actual depuradora non serve e vostedes opóñense a unha de maior tamaño.
¿Cal sería entón a saída?
-Manexamos datos distintos aos da Xunta e Concello. A nosa proposta é deseñar unha rede de pequenas depuradoras situadas en distintos puntos da cidade lonxe das vivendas. É a mellor opción. Non molestaría aos veciños e, por suposto, debería contar con redes diferentes para augas pluviais e fecais.
¿Cal é o estado de ánimo en Coruxo diante da nova planta?
-Desde fai anos loitamos para que se peche a actual depuradora. As últimas noticias, cunha planta aínda máis metida na parroquia, parécenos unha agresión absoluta. É unha aberración.
¿Entón, por onde debería ir a solución?
-Con instalacións pequenas o seu control sería máis sinxelo, e en caso dalgún problema non provocaría danos tan graves como a actual.
¿Coñecen algún sitio onde funcione este tipo de instalacións?
-Existen depuradoras pequenas, caso de San Sebastián. Creo que teñen dous e están afastadas do núcleo urbano sen xerar molestias.
-O alcalde comprometeuse a mostrar aos veciños depuradoras como as que se queren construír...
-Caballeiro non ten o menor interese por coñecer a nosa opinión.
O alcalde desde fai un ano e neste tempo non atendeu as nosas peticións para reunirnos con el. Non nos recibiu, nin tampouco ninguén do Concello.
¿Que opina da proposta que no seu día presentou o PP dunha macrodepuradora en Cabo Silleiro?
-Se expuso sen ter en conta as opinións existentes. Sería unha macrodepuradora maior que a que están deseñando para Coruxo, e polo tanto as consecuencias serían máis negativas. A diferenza é que vertería a mar aberto, pero sería unha obra faraónica.
¿Que opina sobre os novos recheos?
-Non son necesarios. Hai espazos no porto ocupados por actividades que poden estar noutra beira. Se se trasladan poderían atracar máis trasatlánticos. Son unha fantasía que nada ten que ver coa realidade.
.
la voz

Ningún comentario: