mércores, 28 de maio de 2008

¿VANSE CONSTRUIR VIVENDAS CO PXOM?

Os promotores teñen 5.000 pisos en construción «que custa vender»
.
Aproin rebaixa ata un 45% as cotas dos socios para que non sigan dándose de baixa da asociación
.
«O negocio está parado. É practicamente imposible vender unha vivenda», afirma taxativamente Miguel Font, xerente da Asociación de Promotores Inmobiliarios da provincia de Pontevedra, Aproin, que onte celebrou a súa asemblea xeral.
O presidente do gremio, Javier Garrido non é tan negativo e explica que que nestes momentos hai 5.000 vivendas en construción na provincia e que os ritmos de vendas «son moi lentos» aínda que subliña que «as perspectivas non son moi halagüeñas».
¿Significa iso que a vivenda vai baixar? Font desménteo con rotundidade. «A xente está esperando para comprar unha vivenda porque lle dixeron que vai baixar e non é así, ao revés, vai subir porque as normas do Hábitat e a lei do solo galega van ter unha repercusión sobre o prezo dos pisos».

Ningún comentario: