xoves, 12 de xuño de 2008

MANIFESTACIÓN DIA 15

A Comisión Veciñal de Afectados pola Depuradora do Lagares en Coruxo convoca unha manifestación para o vindeiro 15 de xuño como resposta e protesta ás últimas informacións aparecidas nos medios de comunicación relativas á construción da macrodepuradora ocupando máis terreos na Xunqueira do Lagares ou, noticia de hoxe na Voz, no mesmo terreo facendo un construción de 20 metros de alto.
,
A manifestación sairá da rotonda da Xurela (esquina da estrada de Camposancos coa baixada ao Vao) as 12 da mañán e irá cara ao Colexio e Instituto de Coruxo na Carrasqueira (o instituto está situado a día de hoxe a escasos 300 metros da depuradora e será o que máis perigo teña si fan a macrodepuradora) onde se rematará lendo un comunicado.
.
Esperamos contar coa implicación dos veciños dos barrios afectados pero toda axuda é benvida.
.
Asdo. Afectados pola Depuradora