domingo, 27 de xullo de 2008

AO SEÑOR ALCALDE

PROMESAS E LOGROS DO ALCALDE ABEL CABALLERO
.
1º-PXOM: Prometo se saio elixido aprobalo en dous meses. Aprobouse logo de ano e medio e só o 90%. Ademais é ilegal. Mentiu aos cidadáns
...
2º-VPO: Prometeu o 40%. Aínda non hai unha soa vivenda en construción. Mentiu aos cidadáns.
.
3º-AVE: Chegará a Galicia en 2012, 2013, 2014, 2015, quen sabe. Nin o ministerio de fomento sabe a data de finalización. Mentiu aos cidadáns.
.
4º-Area Metropolitana: Rexeitada.
.
5º- Xulgado do Mercantil: Rexeitado. Segue en Pontevedra.
.
6º-Universiada: Don Abel, en Bruxelas, como en todos os foros internacionais fálase inglés. Os nosos representantes (PSOE-BNG) ignórano.
.
7º-Zona Franca: Rexeitada a candidatura por non ser afín aos seus principios. Agora imposta por Madrid ten que tragála.
.
8º-Depuradora: Aproban un proxecto onde non hai chan para situala.
.
9º-Teis: Rexenerar o barrio. O ministro de economía adxudica os fondos a Galicia norte.
.
10º-Pescanova: Leva os seus plans acuícolas a Portugal.
.
Don Abel sinto comunicarlle que nesta avaliación ten un "cero" pode pasar con "catro" suspensos. Por certo, repasando a Memoria Histórica prometeu cando era ministro un túnel no estreito, e os ceutíes aínda o están esperando. Obras faraónicas como as que vostede ten "in mentis" facíanse milenios atrás, creo que é mellor centrarse no modesto para ben de todos os cidadáns.

Ningún comentario: