mércores, 9 de xullo de 2008

A CALIDADE DO AIRE EN ESPAÑA

Máis da metade dos españois respiran aire contaminado



.
.
´Ecologistas en Acción´ presentou un informe que resume a situación da calidade do aire no Estado español durante 2007. A súa principal conclusión é que como mínimo o 53% dos españois respira aire contaminado.
.
Isto é algo máis que unha estatística:
supón a morte prematura de máis de 16.000 persoas ao ano, segundo o Ministerio de Medio Ambiente. Con todo, as administracións rexionais non están adoptando as medidas necesarias para solucionar esta grave situación, que a miúdo pasan por unha restrición ao tráfico.
.
´Ecologistas en Acción´ denuncia a tremenda e rechamante pasividade da maior parte das administracións ante este grave problema. Ademais, tal e como están as cousas, será moi difícil que o Estado español cumpra cos obxectivos marcados pola lexislación para o ano 2010, de carácter máis restritivo que os actuais. Mentres tanto, a poboación seguirá sufrindo tremendos problemas de saúde.
.

Ningún comentario: