venres, 1 de agosto de 2008

MENOS VIVENDAS

Galicia concedeu case 2.000 licenzas para a construción de vivendas en marzo, 2.400 vivendas menos que en marzo de 2007

Os concellos galegos concederon, en marzo deste ano, un total de 1.973 licenzas para a construción de vivendas de nova planta, nunha superficie de 522.000 metros cadrados; e máis de 2.000 menos que as outorgadas o mesmo mes do ano pasado (4.373).
.
Segundo un informe do Instituto Galego de Estatística (IGE) recollido por Europa Press, tamén se concederon, durante o mesmo mes de 2008, un total de 481 licenzas para a construción de edificios. En 2007, este total ascendeu a 847.
.
Ademais, concedéronse 128 licenzas de rehabilitación de edificios, tres máis que o ano pasado en marzo; 76 permisos de rehabilitación de vivendas, fronte ás 112 de 2007.
..
Así mesmo, en canto a licenzas municipais para demolicións, as de edificios foron 46 fronte ás 98 que alcanzaron as de vivendas. En marzo de 2007, as primeiras ascenderon a 90 e as segundas, a 147.

Ningún comentario: