luns, 11 de agosto de 2008

OS PLANS DE URBANISMO RESULTAN IRREALIZABLES

ENTREVISTA: Celestino García Braña
Decano do Colexio de Arquitectos de Galicia
.
"Fai falta que canto antes contemos cun Plan do Litoral"
-
"As Normas do Hábitat débense concretar para que sexan áxiles"
.
"Detrás de calquera actuación brutal ou dubidosa hai un arquitecto"
.
Viña avisando da picada inmobiliaria e as súas previsións cumpríronse. O máximo representante dos arquitectos galegos pide axilidade urbanística á Administración e maior concreción ás Normas do Hábitat
.
O decano dos arquitectos galegos, Celestino García Braña (Santillana de Mieres, 1945), asume a responsabilidade do colectivo profesional nos desmáns na costa. Urxe á Xunta a aprobar cando antes o Plan do Litoral.
.
Pregunta. 200.000 vivendas visadas en sete anos en Galicia. Era previsible o parón na construción?
Resposta. Eu levaba moito tempo dicindo que isto non podía ser. A demografía non se corresponde co crecemento do parque de vivendas e debe haber unha relación entre ambos os parámetros. Sucedía algo estraño.
.
Pregunta. Especulación?
Resposta. Si, pero tamén a atracción que sempre tivo a vivenda, que parte da tradición recente española que converte a vivenda nun sector refuxio para o investimento de diñeiro. España e sobre todo Galicia non teñen asentada a cultura do aluguer. Para os mozos a compra non é a mellor solución porque reduce a mobilidade.
.
Pregunta. Os arquitectos non teñen responsabilidade neste festín?
Resposta. Non somos o eslabón máis forte da cadea. A nosa responsabilidade é resolver os problemas concretos que se nos expón no taboleiro de debuxo. No outro, non; son factores económicos e culturais que exceden con moito aos profesionais que están ao servizo.
.
Pregunta. Tampouco nos desmáns na costa?
Resposta. Si, iso é así. Creo que os arquitectos debemos ter uns límites. Un arquitecto non é o que sabe en que consiste un edificio, senón o que sabe se debe facerse ou non. Detrás de calquera intervención brutal ou dubidosa hai unha firma. E esa responsabilidade debemos asumila. É máis, creo que o porvir das profesións liberais é aplicar códigos deontolóxicos máis estritos, aplicar máis responsabilidade social.
.
Pregunta. A Xunta asegura que o futuro é a rehabilitación e a protección oficial. Comparte esa visión?
.

Ningún comentario: