sábado, 30 de agosto de 2008

PREVISIÓNS DE INVESTIMENTO NON ACREDITADAS




.
O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE VIGO INCUMPRE O ARTIGO 60.3 DA LOUG. ASÍ O DICÍA A CPTOPT NA SÚA ORDE DO 19 DE XANEIRO; SEN EMBARGO NA ORDE DE APROBACIÓN DO PLAN, A CONSELLERÍA CAMBIA DE CRITERIO, E INCUMPRE, ASÍ, O ARTIGO 85.7.b DA MESMA LOUG.
.
CRONOLOXÍA DOS FEITOS
.
ORDE DO 19 DE XANEIRO DE 2007, SOBRE APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE VIGO
.
5.7 Estratexia de actuación e estudo económico:
.
O estudo económico non poderá incluír previsións de investimento con cargo a outras Administracións distintas do Concello se non se acredita a súa conformidade, tal como expresa o artigo 60.3 da LOUG.
.
ORDE DO 16 DE MAIO DE 2008 SOBRE APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO (PONTEVEDRA)
.
II. CONSIDERACIÓNS E FUNDAMENTACIÓNS
.
II.1 Cumprimento das observacións da Orde do 19/01/2007 sobre o contido do plan xeral de ordenación municipal:
.
O plan aprobado polo Concello o 29 de decembro de 2007 emenda a maior parte das deficiencias que foran expresadas na orde do 19 de xaneiro de 2007, ben sexa introducindo as oportunas modificacións no contido do plan, ou ben incorporando a xustificación da que anteriormente carecía, pois é claro que non toda observación pode ser mantida como algo inalterable se dan explicacións suficientes sobre a adopción das determinacións que a motivaron, e así susténtase na sentenza nº 869 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 27 de xuño de 2002.
.
DOCUMENTO DO PXOM. APROBACIÓN DEFINITIVA
.
TOMO V
ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO-FINANCEIRO
3. CRITERIOS DE PROGRAMACIÓN
3.2 Criterio 2. Programación dos sistemas xerais e locais e conformidade das administracións

“non pode cumprimentarse o art. 60.3 polo que “no suposto de que se lles atribúa o financiamento a administracións ou entidades públicas distintas do Concello, deberá acreditarse a conformidade delas”
.
8. OS REFERENTES FUTUROS DE INVESTIMENTO PÚBLICO EN FUNCIÓN DAS COMPETENCIAS E HÁBITOS DAS ADMINISTRACIÓNS
.
As previsións de investimento público en Vigo por parte das distintas administracións e entes públicos non municipais argumentáronse na aprobación provisional do Plan tendo en contas as tendencias históricas e analizando os orzamentos e programas de investimento de cada unha delas.
.
ENTREVISTA AO CONCELLEIRO DE URBANISMO DO CONCELLO DE VIGO NUN XORNAL LOCAL (martes, 26 de agosto de 2008)
.
Unha das infraestructuras pendentes do Plan Xeral é a Rolda de Vigo. Mantén o Concello o seu interese polo proxecto?
É un dos viarios estructúrante do futuro do municipio e seguimos moi interesados na Rolda, que está pendente de financiamento. Non temos un compromiso firme de respaldo económico por parte da Xunta, pero ata agora tampouco tiña sentido sentarnos a negociar sen ter o PXOM aprobado. O Plan Íntegra reflexa xa algúns tramos e figura no Plan Xeral como unha das prioridades do primeiro cuadrienio.
.
LOUG

Artigo 85. Procedemento de aprobación do plan xeral.
.
7. Para resolver sobre a aprobación definitiva, a consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio analizará:
.
b A conformidade do plan coa lexislación urbanística vixente e a adecuación das súas determinacións á protección do medio rural.
.
5.b) Se non procede outorgar a aprobación definitiva, o órgano competente sinalará as deficiencias e subseguinte modificacións que procede introducir, ao obxecto de que, unha vez emendadas e aprobadas polo concello, elévese de novo o documento para a súa aprobación definitiva, salvo que quedase relevado de facelo pola escasa importancia das modificacións.

Ningún comentario: