sábado, 4 de outubro de 2008

O DANO DO PLAN ACUICOLA

A Direción Xeral de Urbanismo critica o dano do plan acuícola no litoral
.
O Plan Galego de Acuicultura, que prevé a construción de 24 piscifactorías e a expropiación, para iso, de tres millóns de metros cadrados de terreos na costa, foi aprobado pola Xunta en agosto sen o consenso de todos os seus departamentos. A Dirección Xeral de Urbanismo emitiu o 29 de xullo un informe no que critica o impacto que estas plantas terán en zonas protexidas. O plan sectorial da Consellería de Pesca prevé a ampliación de granxas mariñas en áreas incluídas na Rede Natura, cunha ocupación de 55.870 metros cadrados que, segundo Urbanismo, "non parece xustificable".
O departamento dependente da Consellería de Política Territorial, en mans dos socialistas igual que Pesca, advirte que o impacto das piscifactorías no territorio litoral é "forte" e que só os beneficios sociais destes proxectos industriais "poden xustificar a súa implantación". E son precisamente esas vantaxes as que a Dirección Xeral de Urbanismo non ve claras. "O plan revisado adoece, para varias das súas determinaciones máis importantes, de falta de xustificación, pois os datos que achega ou non son suficientes ou carecen da fundamentación necesaria", pódese ler no informe, asinado por Ramón Lueje, director xeral de Urbanismo.
.
Ao contencioso
.
Lueje refírese, por exemplo, ás 30.000 toneladas ao ano de peixes que, segundo o plan, producirán as 24 granxas mariñas, unha cifra que "determina a entidade superficial das instalacións previstas" e que "é máis unha premisa de partida que o resultado dun proceso de análise". Sobre os case 2.000 postos de traballo que, segundo Pesca, crearanse, Urbanismo tampouco os considera xustificados. "Non se analiza a posible incidencia negativa noutros secotres produtivos, como a pesca, o marisqueo, a agricultura, a gandería ou o turismo", esgrime.
Este informe e outro da Dirección Xeral de Patrimonio no que se advirte da afección das piscifactorías previstas a varios castros, petróglifos e unha ermida, serán utilizados polo colectivo ecoloxista Adega e os grupos veciñais afectados por estas plantas para presentar recursos contenciosos contra o plan acuícola. "Este plan é, cunha pequena maquillaxe, o mesmo que o do PP, que foi deseñado por Pescanova e Stolt Sexa Farm", conclúe Fins Eirexas, de Adega.
.

Ningún comentario: