martes, 7 de outubro de 2008

OS POLÍTICOS E A DEPURADORA

CORINA PORRO, MANUEL VÁZQUEZ E ABEL CABALLERO ESTANSE A REIR DO POBO
.
Porro acorda con Vázquez converter a planta do Lagares nunha gran depuradora soterrada.
.
..
O acordo institucional está ultimado e só falta a aprobación final dos técnicos. A alcaldesa, Corina Porro, confirmou onte que aposta por unha gran depuradora nos terreos da planta do Lagares e os 67.000 m2 anexos -"SOTERRADA, coas últimas tecnoloxías e un parque en superficie para lecer"-. E o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, aválao.
O responsable autonómico subscribiu a proposta que lle planteou a alcaldesa, e afirmou que "todo apunta a que a solución é esa", a falta de que os seus técnicos dean a validación final.
.
.
A depuradora de Vigo irá soterrada e custará máis de 200 millóns de euros
.
A Xunta acepta, a falta dun ditame técnico, a proposta do Concello para o Lagares .
.
A UE esixe obras de mellora no resto das estacións de tratamento da ría e un calendario
.
Tras un ano de agres discusións, Concello de Vigo e Xunta selaron un principio de acordo para construír a gran depuradora da ría. Estará situada no mesmo emprazamento que a actual (a desembocadura do río Lagares), irá total ou parcialmente soterrada para minimizar o seu impacto e custará un mínimo de 200 millóns de euros.
.
A depuradora duplicará o seu tamaño e o orzamento dispárase a 234 millóns
.
.
O sistema de tratamento elixido será por secado térmico, como adiantou FARO, e a planta sobresairá 14 metros do chan, o equivalente a un edificio de cinco alturas, salvo na parte da liña de auga, que estará soterrada 9 metros e só se elevará un en superficie. En principio expúxose unha instalación para tratar os residuos xerados por unha poboación de 600.000 cidadáns. O criterio cambiou, de aí o aumento de custo e superficie segundo a explicación do conselleiro. "Pasamos a atender 850.000 habitantes".

Ningún comentario: