martes, 14 de outubro de 2008

SANTI DOMINGUEZ E OS CHOFERES


Santi Domínguez traballa por Vigo 20 horas e 42 minutos ao día.
.
Non, non é un erro. O que acaban de ler vostedes é rigorosamente certo. Aínda que pareza inhumano, 20 horas e 42 minutos de traballo diario, é o tempo efectivamente cobrado polos dous choferes de Santi Domínguez, ou que é o mesmo, as horas de traballo diario do Tenente de Alcalde de Vigo,...
xa que de non coincidir ambos os conceptos entrariamos en consideracións de moi mal gusto tanto para Santi Domínguez como para os seus choferes.Esta información publicábaa o Diario Que na súa edición de Vigo a mediados da semana pasada, por mor da denuncia que se atopa en trámite nun xulgado vigués por localizar ao vehículo oficial de Santiago Domínguez circulando a 119 km/h nunha vía urbana limitada a 50 km/h, aínda que segundo parece no momento da denuncia o tenente de Alcalde non se atopaba no vehículo.
O tema en cuestión é que desde que Santi Domínguez tomou posesión do seu cargo en Vigo, en xullo de 2007, ata o 30 de xuño deste ano, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo autorizou que se abonen 16.479,00 euros en concepto de 2.216 horas extraordinarias aos dous choferes de Santiago Domínguez. A conta é fácil, se ás 7 horas de xornada laboral normal de cada chofer súmaselle o prorrateo das horas extras entre os días do ano a conta resultante é que este señor traballa de media 20 horas e 42 minutos ao día.O triste do asunto é que este "inmenso esforzo" realizado por Santi Domínguez, ademais de contravenir gravemente as indicacións médicas sobre a media de horas que debe durmir un adulto diariamente (cos trastornos que isto pode carrexar), non se traduce nunha mellora substancial da cidade de Vigo.
E mentres os vigueses seguimos tragando...
.

Ningún comentario: