martes, 18 de novembro de 2008

A DEPURADORA, UN PASEO POLÍTICO


O PROXECTO DA DEPURADORA, A BOMBO, PRATO E MALGASTE.
.
Necesitou 23 coches oficiais, 31 policías e 21 manifestantes. En total, 31 axentes das policías Local, Autonómica e Nacional despregáronse pola Praza do Rei, entrada do Concello, escaleiras e recibidor da Alcaldía, onde se celebrou o acto. Non había francotiradores nos tellados nin cans; nin se despregaron os antidisturbios, de película, despilfarro... seguen a reirse do pobo, solo os políticos teñen dereitos, por iso fan o que lle pete.
.
OS POLÍTICOS, COA AUTOMOCIÓN E O MALGASTO
.
Pero a nota curiosa tamén estivo na praza do edificio consistorial: ata 23 coches oficiais.
.
¿Como son moitos non puideron vir nun ou dous autobuses para aforrar?
.
Os altos cargos de todas as institucións galegas demostraron que apoian á automoción: ata 23 coches oficiais aparcaron ante o Concello. Ademais de 3 furgóns policiais e 4 vehículos zeta. Había 12 modelos Audi, 6 Volkswagen, 4 Citroën e un Volvo.
.
¿NON SE VAI FACER O IMPACTO AMBIENTAL?
.
Prazos optimistas para unha obra sen declaración de impacto ambiental.
.
Agora é factible cubrir etapas e adxudicar cun anteproxecto, pero a falta de proxecto e de declaración de impacto ambiental converten case nunha quimera a opción de que as obras comecen no 2009, co que tampouco poderían terminarse dous anos despois. O Sr. Touriño equivocouse de novo, non sabe o que ten entre mans.
.
O PSOE EQUIVÓCASE UNHA VEZ MÁIS.

Ningún comentario: