mércores, 17 de decembro de 2008

PACHI VÁZQUEZ PODE ACABAR EN SOGAMA

Un informe científico alerta da vertedura continuada de Sogama a un río.
.
O xuíz investiga á planta de Cerceda por un delito ambiental.
.
Investigadores da Universidade detectaron metais pesados na canle.
.
O pasado 19 de outubro, 3.000 exemplares de troitas apareceron mortos no río Lengüelle ao seu paso por Cerceda. Denunciouno un veciño de Ordes que aquel día tomou fotos da canle repleta de espuma. O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil seguiu a pista ás verteduras e acabou na planta de tratamento de residuos da Xunta en Xesteda, termo municipal de Cerceda. A denuncia do Seprona investígaa agora o Xulgado de Instrución número 1 da Coruña que persegue un delito ambiental.
O primeiro é delimitar ao responsable das verteduras ilegais, posto que son varias subcontratas as que xestionan o complexo de Sogama, a sociedade pública adscrita á Consellería de Medio Ambiente. De momento, a Garda Civil xa tomou declaración a un grupo de traballadores e directivos de Danigal, a sociedade á que Sogama adxudicou o tratamento dos residuos en Cerceda. Fíxoo logo de descubrir nas inmediacións da depuradora da planta de tratamento unha tubaxe de formigón que verte directamente ao manancial onde nace o río Areosa, afluente do Lengüelle, que á súa vez desemboca no Tambre. En distintas visitas á contorna da canle, os axentes tomaron fotos e comprobado a existencia de espumas que retratan no extenso material con que acompaña ao atestado.
Segundo a documentación que figura na Xunta, Danigal conta cun permiso de Augas de Galicia, un organismo autónomo que depende tamén da Consellería de Medio Ambiente, para canalizar a auga limpa que sae das súas instalacións e devolvela ao Lengüelle.
Pero a Garda Civil constatou que ese caño de cemento transporta algo máis que líquidos depurados. Así o proba un informe elaborado polo Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Facultade de Farmacia e que tamén está en poder do xuíz.
Logo de analizar o perímetro exterior da planta de Sogama contiguo ao tubo, detectou "unha clara contaminación con presenza de nitróxeno inorgánico, fósforo e gran heteroxeneidade de sedimentos". O contundente informe dos científicos da Facultade de Farmacia conclúe que se trata dunha "vertedura continuada" que está provocando a "eutrofización da canle do río". Ese termo técnico define a ausencia de osíxeno na auga como consecuencia do "enriquecemento de metais pesados" que esquilma toda a fauna fluvial.
Iso explicaría a morte masiva de salmónidos do mes de outubro que motivo a denuncia da que parte a investigación. Que non se trate dun feito puntual senón de prácticas habituais agravaría o delito, segundo fontes próximas ao caso.
O ateigado da Garda Civil tamén destapa a proliferación na contorna do Lengüelle de aves mortas, "minerais viscosos e gran contaminación". Os investigadores apuntan dúas posibles causas para explicar a polución que tería como orixe un fallo no sistema de depuración da planta de residuos ou unha fuga na balsa onde se depositan os lixiviadores.
Pouco despois de que se sucedese a vertedura, tanto a Consellería de Medio Ambiente como Sogama e tamén Danigal exculparon a súa actuación neste caso. Unha vez realizados as primeiras análises, Augas de Galicia descartou a responsabilidade da Xunta. E a subcontrata Danigal advertiu a través dun dos seus directivos que entre as súas responsabilidades non se haxa o mantemento da depuradora.
O grupo municipal do BNG en Cerceda foi a primeira forza política en censurar as verteduras e desde entón o PP non deixou de denunciar no Parlamento galego a contaminación de Sogama. O seu presidente, José Álvarez Díaz, instou aos populares a pedir a súa comparecencia no Parlamento galego onde se comprometeu a explicar "coa transparencia que merece a opinión pública" a súa actuación á fronte da sociedade pública.
..
UNHA VEZ MÁIS, O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, NON SE DECATA DE NADA.
.
EL PAIS

Ningún comentario: