
Esta convocatoria prodúcese apenas cinco semanas antes das eleccións autonómicas e, tal e como denunciou CCOO ou a mesma CIG, consiste nun "paripé" para facer fixos aos empregados que xa foron admitidos. E é que á admisión baseada sobre todo en "entrevistas persoais" e tribunais a cargo de "xente de confianza de Vicepresidencia" súmase un procedemento para converterse en traballadores fixos en que penaliza desproporcionadamente a quen "veñen desde fóra". En poucas palabras, estamos ante un procedemento de avaliación que consiste en "simulacros de probas selectivas onde se practica o amiguismo" e que só pode cualificarse de "clientelar e caciquil"; por empregar as palabras de Manuel Díaz, delegado sindical de CIG.
Visto o anterior desde Unión Progreso e Democracia non vemos nestas actividades senón unha pura continuación dos malos usos da época de goberno do PP. Unha época que deu lugar a un sistema de caciquismo clientelar do que Anxo Quintana parece ser un mero sucesor.
Se isto ocorrese fai catro anos, veriamos a Don Anxo Quintana levantarse cal Espartaco e arengando aos seus clamar "Acabemos co caciquismo!!!".
"Mudan vos tempos, mudan as vontades", a peor no caso de Anxo Quintana. E é que aínda que cando gobernaba Fraga semellante sistema era denunciado polo señor Quintana, a día de hoxe el mesmo converteuse noutro Fraga: coas súas romarías e os seus amiguismos.
É opinión de UPyD que Galicia require, agora máis que nunca, medidas de progreso. Pero non o "progreso" dos amigos de Anxo Quintana senón o de todos os galegos. En definitiva: non todos queremos ser Anxo Quintana como non todos queriamos ser Manuel Fraga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario