mércores, 11 de febreiro de 2009

CORRUPCIÓN, CORRUPCIÓN E MÁIS CORRUPCIÓN

"Gañamos 12.000 quilos. Do meu 50%, eu reparto con Ramón, Álvaro e o alcalde"
.
Entre as numerosas gravacións que forman parte do voluminoso sumario sobre a trama corrupta vinculada ao Partido Popular, hai unha onde Francisco Correa, o organizador durante 20 anos dos eventos desa formación política, trata de negocios con Álvaro Pérez. Nela, Correa detalla as súas xestións para lograr un gran negocio urbanístico.
Correa: "Teño un tema gordo en Valencia, cun PAI practicamente pechado, o tío pide 1.000 quilos de máis. Compramos a 10.000 e vendemos a 20.000. Gañamos 12.000 quilos. Un empresario pon o 50% e eu outro 50%. Do meu 50% eu reparto con Ramón Blanco, con Álvaro (Pérez), con Pablo e co alcalde... Hai un tema ambiental que o desbloqueo eu".
Os PAI (Programas de Actuación Integrada) da Comunidade Valenciana foron longamente cuestionados, pola súa suposta ilegalidade, desde o Parlamento Europeo. Ata o punto que o Goberno do PP en Valencia modificou a Lei Urbanística para intentar salvar eses reparos europeos, que aínda continúan.
"Álvaro" é supostamente Álvaro Pérez, o responsable de Orange Market en Valencia, mentres que "Ramón" é supostamente Ramón Blanco Balin, secretario desa sociedade, e "Pablo", supostamente é Pablo Crespo, ex número 3 do Partido Popular galego, socio de Special Events.
Orange Market é unha filial de Special Events, a sociedade coa que Correa empezou a súa carreira empresarial vinculada ao Partido Popular.
Nas súas conversacións, Correa citaba a empresarios aos que Garzón tamén imputou en relación con esta rede de corrupción política nas comunidades autónomas de Madrid e Valencia.
Os denunciantes da trama tamén investigaron a suposta relación de Francisco Correa co actual conselleiro de Deportes da Comunidade de Madrid, Alberto López Vello. Os denunciantes manteñen que López Vello troceó contratos da Comunidade de Madrid para adxudicarllos supostamente a unha sociedade denominada Down Town Consulting, da trama empresarial de Correa por un valor superior aos catro millóns de euros. A Comunidade de Madrid negouno onte a través dun portavoz.
.
.

Ningún comentario: