xoves, 14 de maio de 2009

400.000 SINATURAS CONTRA A LEI QUE "PERMITE PRIVATIZAR A SAÚDE"


A Coordinadora de Traballadores da Sanidade Pública contra a Privatización, rexistran as firmas no Congreso parar pedir a derrogación da Lei 15/97

A Coordinadora de Traballadores da Sanidade Pública contra a Privatiación, CAS-Madrid e a Plataforma Matusalén rexistraron o xoves día 7 pola tarde no Congreso dos Deputados unhas 400.000 firmas parar pedir a derrogación da Lei 15/97, que "permite entrar as empresas con ánimo de lucro na sanidade pública e, xa que logo, privatizala".
O portavoz destas asociacións, Anxo Navarro, sinalou que esta recollida de sinaturas quere paralizar a "brutal privatización" da sanidade pública que se está producindo en España, en especial na Comunidade de Madrid. "Comezouse cos hospitais, están en fase os laboratorios e a saúde mental e vaise a seguir coa atención primaria", sinalou Navarro, quen acusou ao Goberno socialista de "cómplice" por permitir esta situación. A lei foi aprobada en 1997 co apoio dos grupos parlamentarios do PP, PSOE, PNV, CIU e CC.
O portavoz destacou que a sanidade pública non debe de estar condicionada nin xestionada polas decisións das empresas privadas e agregou que a entrada das empresas na sanidade pública non mellora a eficiencia do sistema sanitario e en cambio si reduce o gasto en profesionais e na atención aos pacientes. Mentres se recollían as sinaturas no Congreso dos Deputados, unhas 300 persoas manifestábanse nas inmediacións da Cámara para pedir a "paralización da privatización da sanidade". Así, puidéronse escoitar cánticos que dicían: "PP culpable, PSOE responsable", "Nada, nada, nada, para a privada" ou "Espe, Espe, Espe, Especulación".

1 comentario:

Xerardo dixo...

VIGOBLOG


Se ha guardado su comentario.
La aparición del comentario en el sitio puede tardar unos momentos.
1 comentario
Cerrar esta ventana Ir al formulario de comentarios


Xerardo dijo...

Certo que isto non ten nada que ver con Zeca Afonso, pero se cadra, no concello podese armar algo parecido o 25 de Abril.

Vos conto, por unha banda, os soldados de tenente Santi, aproveitan os espray de borra las pintadas e pegatinas que lle poñen, pra emborronar o escudo de España, nos letreiros do Plan E de Zapateiro, tal como se pode ver en Balaidos, co mesmo coor azul.

Por outra banda, Abel, pasan onte Xoves cos seus pupilos a comer peixe frito no bar Turista baixo os peiraos do Berbes, e no se lle ocurriu mellor cousa que sentar na mesa de fora preto onde esta unha grande pintada que di SANTI LADRON DE BNG, e non se sabe moi ben se foi polo dos letreiros do Plan E o polo conflicto do edeficio da gota de leite. O caso, que o gracioso de Carlos Font, o parecer sacou de camara dixital e inmortalizou os presentes baixo tan orixinal menxaxe de cor negro.

Cando se entere o tenente, se non o sabe xa, eiqui pode pasar de todo, ata a rotura do pato municipal uo un desaloxo do poder de uns a outros coma na revolucion dos claveis en Portugal aquel glorioso 25 de Abril onde Zeca Afonso deu a señal do enicio da REVOLUCION DOS CLAVEIS co seu GRANDOLA VILA MORENA.

O tenente o parecer esta moi mal visto na UPG e pode facer de todo en vista do que lle pasou onte o sue colega, tamen tenente en Ourense. Non ahi que esquecer co seu lema na campaña eleitoral, foi SANTI A REVOLUCIÓN. Que manda carallo tu, como dira o Quintana.
15/5/09 03:40