domingo, 31 de maio de 2009

O PARQUE DO XURÉS, DECLARADO POLA UNESCO RESERVA MUNDIAL DA BIOSFERA

O parque natural engloba 33.000 hectáreas entre Galicia e Portugal.

O parque natural Penedo Xurés, que engloba 33.000 hectáreas entre Galicia e Portugal, foi declarado Reserva da Biosfera segundo a resolución aprobada polo Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB da UNESCO. No acordo, incorpóranse vinte novas reservas de biosfera, entre as que figuran dúas españolas: a illa de Fuerteventura e a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (Portugal/España).
Felicitacións
O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, trasladou hoxe a súa felicitación aos municipios integrantes da nova Reserva Mundial da Biosfera do Xurés, segundo informou hoxe a Delegación do Goberno nun comunicado. Esta decisión da UNESCO, segundo Antón Louro, «vén rubricar a relevancia ecolóxica dunha parte do territorio galego, así como a importancia da coordinación entre dous países fronteirizos no mantemento da biodiversidade e desenvolvemento sostible dun territorio común, sobre o que se sitúa unha fronteira política».

Ningún comentario: