luns, 17 de agosto de 2009

A CORRUPCIÓN A TODOS OS NIVEIS

Unha empresa de Díaz Ferrán desviou fondos públicos por valor de 329 millóns de dólares

Un informe pericial sobre o caso Aerolíneas Arxentinas corrobora a fraude

O grupo Marsans, propiedade do presidente da patronal Gerardo Díaz Ferrán, afronta un proceso xudicial polo suposto desvío de fondos que o Goberno de Aznar inxectoulles a través da pública SEPI -Sociedade Española de Participacións Industriais- para reflotar Aerolíneas Arxentinas. Un informe pericial pon en dúbida a auditoría da empresa de Díaz Ferrán e eleva ata 329 millóns de dólares o diñeiro público desviado fraudulentamente en beneficio propio, cantidade que debía haberse destinado ao pago de débeda da aerolínea adquirida por Díaz Ferrán.
Grupo Marsans, sociedade cuxos máximos accionistas son Gerardo Díaz Ferrán e Gonzalo Pascual, usou no seu beneficio propio 300 millóns de dólares entregados pola SEPI para pagar débedas dunha empresa que adquiriron, Aerolíneas Arxentinas, como ditaminou o Informe Pericial da Axencia Estatal de Administración Tributaria con data 26/10/07 e que consta achegado ao Xulgado Instrución 35 de Madrid.
Outro informe engade 29 millóns
Para contrarrestar ese informe, Gerardo Díaz Ferrán e o seu socio Gonzalo Pascual remitiron á autoridade xudicial unha auditoría privada de máis de 600 folios realizada polos auditores Garrido Riosalido e Gómez Parra. Pero como informa extraconfidencial.com, outra proba pericial deixa en dúbida o comportamento do presidente da CEOE e dos auditores, xa que avala o primeiro informe e ata eleva en 29 millóns o montante de diñeiro público desviado, alcanzando así os 329 millóns.
Movementos desde conta de Díaz Ferrán
Ese movemento de 29 millóns de fondos públicos fíxose desde unha conta bancaria do Deustche Bank de Málaga (e titularidade da sociedade Argentan Interisvent, tamén propiedade de Díaz Ferrán e Gonzalo Pascual) e na que constaba a firma doutro antigo socio, Antonio Mata Ramayo.

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

El problema es que la cúpula de la CEOE no tiene nada que ver con el trabajo, con los trabajadores, con los empresarios ni con el capital. Es solamente un club de amigotes especuladores y martingaleros que se han apoderado de la organización patronal que construyó inteligentemente Ferrer y que luego raptó Cuevas con la ayuda del establishment madrileño de la chapuza. Así, claro, rascas un poco y emergen los asuntos turbios. Presumo que la mayor parte de los que reman en esas tenebrosas pero productivas aguas podrían ir a Carabanchel o al Puerto.
Este señor forma parte del empresariado que ha llevado a este país a la ruina: ansia desaforada de lucro de toda esta gente con vocación de "estrellitas del rock & roll" para aparecer en todos lo lados, con afan de notoriedad, mientras creando riquezas unipersonales y esquilmando a los contribuyentes. . .