venres, 14 de agosto de 2009

¿ESTÁ VOSTEDE SEGURO DE QUE A AUGA QUE BEBE NON CONTÉN MEDICAMENTOS?

"Sogama é para restos sólidos urbanos e os fármacos non o son"."A combustión de medicamentos pode xerar gases cuxa composición descoñecemos"

Raúl Vieira doutor en Ciencias Biolóxicas:

A semana pasada foron incinerados na planta de Sogama máis de 400 toneladas de fármacos, ¿que efectos para a saúde pode ter isto?
Partimos dunha instalación de incineración que está pensada para residuos sólidos urbanos. Non todas as instalacións serven para todo. A combustión de fármacos pode empeorar a situación, porque pode xerar gases cuxa composición descoñecemos, así como as posibles reaccións.
¿Como se comportan esas emisións na atmosfera?
Coa combustión a elevadas temperaturas, as moléculas vólvense tremendamente reactivas e achegamos ao medio elementos impredicibles. En ciencia, é difícil valorar os seus efectos sen medicións nas emisións. Calquera situación que implique un incremento de emisión ambiental ten repercusións a nivel de saúde pública, por iso están reguladas pola lei.
¿Que sería o ideal, entón?
O ideal sería contar cunhas instalacións específicas, porque ao aproveitar unha instalación para outros usos que non son os propios pódense xerar problemas no propio proceso de incineración. Se calcinamos residuos con poder calorífico diferente a combustión empeorará e pode haber constituíntes que non coñecemos. En Sogama, un enxeñeiro pensou nuns materiais e nunha función determinada, e se se alteran esas condicións o resultado final non será o esperado.
En Cerceda acumuláronse durante máis de seis anos unhas 12.000 toneladas de restos de fármacos ¿Que perigos para a saúde pode supor isto?
É ilóxico ver que eses residuos foron a parar a un vertedoiro de residuos sólidos urbanos, nun ambiente moi oxidante. Esa mala xestión pode provocar que os principios activos dos medicamentos pasen a augas das depuradoras, que non están preparadas para eses compoñentes, e logo acaben nunha canle fluvial. En Cataluña déronse casos en que a fauna acuícola estaba sufrindo procesos de alteración hormonal por mor dos medicamentos, que provocan cambios metabólicos e nas hormonas.
¿Que residuos médicos son os máis perigosos?
Os residuos citotóxicos. Pero os antibióticos, se non se xestionan correctamente, tamén poden pasar a canles fluviais, e a maioría das captacións de auga en Galicia para consumo human están en ríos. O proceso de potabilización non é capaz de eliminalos e entran no corpo human. Como non os necesitamos, alteran a flora microbiana do noso organismo facilitando a aparición de resistencias. Así, cada vez téñense que usar antibióticos máis potentes que serán cada vez menos eficaces nas enfermidades menos graves. Poden aparecer cepas de salmonella ou escherichia ultrarresistentes.
¿Que ocorrería se aparecesen esas superbacterias?
Esta é a gran pregunta que se fan nestes momentos os profesionais do medicamento. Trátase dun grave problema de saúde pública, por iso é imprescindible realizar unha xestión diferenciada e razoable.
¿Como debe ser esa xestión?
Eses fármacos deben eliminarse e nunca mesturarse con outros residuos que, mediante procesos de lixiviación, pasen ao auga doce, como foi o caso de Sogama coas verteduras no río Lengüelle, que ademais é un afluente do Tambre.
Entón... ¿os medicamentos poden considerarse residuos sólidos urbanos?
Nunca. Nun medicamento debe efectuarse unha separación de partes. Os envases, cartóns e demais poderían ser asimilables a sólidos urbanos, pero o principio activo non, porque necesita ser destruído. Nas bolsas de lixo, por exemplo, non deberían ir nunca ansiolíticos, ante o perigo de que alcancen as augas. Se fixésemos unha enquisa, o 90% dos cidadáns coincidirían á hora de sinalar os compoñentes dos residuos sólidos urbanos, e moi poucos incluirían neste grupo aos medicamentos.

2 comentarios:

DEMOCRACIA dixo...

WORLD HEALTH-ORGANIZATIÓN

¿Qué consecuencias pueden producirse si no se tratan los medicamentos o la eliminación es inadecuada?
La eliminación inadecuada es peligrosa si contamina los abastecimientos de agua o las fuentes locales que utilizan las comunidades o la fauna silvestre de las cercanías. Si hay poca seguridad en el vertedero, el robo de medicamentos del depósito de desechos o durante la clasificación puede dar lugar a que se revendan y utilicen medicamentos caducados. Pasada la fecha de caducidad, la mayoría de las preparaciones farmacéuticas pierden eficacia y algunos pueden desarrollar un perfil de reacción diferente y adverso en el organismo.
• Debe evitarse la contaminación del agua potable. Los vertederos municipales deberán ubicarse y construirse de tal manera que se reduzca al mínimo la posibilidad de lixiviación a los acuíferos, el agua superficial o la red de agua potable.

• No deberán vertirse en el
sistema de alcantarillado antibióticos, antineoplásicos y desinfectantes no biodegradables porque pueden matar las bacterias necesarias para el tratamiento de las aguas residuales. No deberán desecharse antineoplásicos en vías de agua porque pueden perjudicar la vida acuática o contaminar el agua potable. De igual manera, no deberán descargarse grandes cantidades de desinfectantes en un sistema de alcantarillado o en vías de agua, a menos que se diluyan muy bien.

• Cuando se queman medicamentos a baja temperatura o en recipientes abiertos pueden liberarse contaminantes tóxicos a la atmósfera. En condiciones ideales, esto deberá evitarse.
• Cuando no se cuenta con lugares adecuados de desecho y personal capacitado para supervisar la eliminación, las preparaciones farmacéuticas no deseadas no presentan peligros si se almacenan en lugares secos. Sin embargo, si se guardan en su envase original existe el riesgo de que se revendan. La mejor solución es almacenarlas en tambores e inmovilizarlas.

LOS POLÍTICOS NOS ENVENENAN dixo...

Las depuradoras de aguas residuales no están preparadas para tratar este tipo de sustancias. En algunos casos, el porcentaje de compuesto que se elimina durante el proceso de depuración puede ser inferior al 10% del volumen que contiene el agua. Así sucede, por ejemplo, con el antiepiléptico carbamazepina o el antibiótico trimethoprim. El resto va a parar al río o rios.
Los peces que viven cerca del chorro de salida del agua depurada reciben un auténtico baño de fármacos. Cabe esperar que la actuación de moléculas tan diferentes como antiepilépticos, antihistamínicos, antibióticos o antiinflamatorios, actuando a la vez y de forma continua sobre los organismos vivos, produzca efectos adversos. Se cree que esto tendrá consecuencias a largo plazo: "Los peces, los anfibios, las plantas, etcétera, están expuestos cada día, de forma continua. A la larga, la biodiversidad puede verse alterada".
La prevención es otro factor importante. "En Alemania se informa a los médicos del grado de persistencia ambiental de los medicamentos para que puedan elegir los de menor impacto". "Estamos jugando con unas moléculas muy complicadas. Están diseñadas para ser muy activas y para que no sean degradadas fácilmente. Y es un asunto que va a peor ya que la población envejece y el consumo de medicamentos está aumentando". Especialmente en España, que actualmente es el séptimo país del mundo en consumo de fármacos, a pesar de que ocupa el puesto 29º por población.