skip to main |
skip to sidebar
Este venres dia 11, a confraría de mariñeiros de Cangas, xunto coas outras confrarías da ria de Vigo, van facer un paro de toda a pesca de baixura, en protesta polas obras do porto deportivo de Massó, que de levarse a cabo estragarían unha das zonas de maior riqueza biolóxica da Ria de Vigo, especialmente rica e biodiversidade. Nela faenan arredor de 500 persoas e dela tense sacado mais dunha tonelada de ameixa nun só dia. Máis tamén, polbo, camaróns, navalla, ostra, centola, ourizos... AS 11,00 DA MAÑÁ , SE FARÁ UNHA CONCENTRACIÓN DIANTE DAS OBRAS DE MASSÓ EN CANGAS. NO MAR ESTARÁN CONCENTRADOS OS MARIÑEIROS COAS SÚAS EMBARCACIÓNS, E EN TERRA TODAS AS PERSOAS QUE QUEIRAN APOIAR A SÚA LOITA.
¡¡¡PARTICIPA!!!
NON AO PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ