
1.Qué pasará coas obras previstas no primeiro cuadrienio se, nese tempo, non se inician?
2.Qué pasará coas actuacións contidas no segundo cuadrienio se non están terminadas ou iniciadas as do primeiro?
3. Por fin, se o Plan é anulado nos tribunais, atreverase o partido que goberne no Concello de Vigo, nese momento, a recorrer?
O Plan xa era inviable, ambiental, xurídica e socialmente. Ademais contiña importantes irregularidades financeiras xa postas en evidencia por Alternativa Veciñal. Pero o que a crise actual revelou é a existencia dun novo punto débil, e é o seguinte: Se o desenvolvemento do Plan está baseado na iniciativa privada, é a iniciativa privada a primeira que ten que estar de acordo co Plan; e se esta iniciativa con animo de lucro se desanima cunha maior porcentaxe de vivenda protexida e párase en seco coa crise, o Plan non se desenvolverá, na parte de vivenda colectiva e servizos asociados, por parte dos promotores inmobiliarios. Se a isto engadimos que a crise tamén afecta ao Estado, vaille a ser moi difícil ao Concello levar adiante as actuacións de iniciativa pública, sen diñeiro para financialas; máxime cando non había un censo fiable de demanda de vivenda protexida, existe un parque elevado de vivendas sen vender e o Plan tiña unha alta compoñente especulativa destinada a seguir inflando a burbulla inmobiliaria, que a aguzada crise ocupouse de picar.
Así, pois, a crise o que descubriu realmente foi o talón de Aquiles do Plan, e, inevitablemente, o PXOM, como Aquiles, non escapará ao seu destino, neste caso, maldito.
Alternativa Veciñal segue denunciando as ilegalidades do PXOM de Vigo.
Alternativa Veciñal ten presentadas 3 demandas contra as ilegalidades do PXOM de Vigo.
1 comentario:
PLAN ILEGAL
Lo más grave de todo esto es que parece que aqui todo el mundo se salta la ley a la torera y que ni la administración ni nadie es capaz de exigir que se cumpla la ley, eso si será la doble moralidad en que los ciudadanos de a pié la deben de cumplir y los que tienen intereses en Vigo tienen prevendas que a otros no nos permiten: castigo a unos por incumplimiento de la ley y a los del equipo de gobierno por no hacer cumplir la misma, sea quien sea y como se apellide, y si trabaja en el concello, expediente y sanción que para eso pagamos los vecinos, para que se gestione bien nuestros impuestos.
Publicar un comentario