xoves, 5 de novembro de 2009

A CAIXA B DE ESPAÑA

Nada, a partir desa alucinada amálgama entre política e diñeiro, escapa todo o máis turbio -e máis letal- da democracia española: o financiamento dos partidos e o difuso halo de corrupción institucional e persoal que ao redor dese financiamento estende a súa progresiva mancha de aceite. A recientísima quebra da Caixa de Castela-A Mancha dá o modelo da máis perigosa das fraxilidades financeiras españolas. Se semellante estercolero fose obra dun banqueiro privado, o caído sobre Mario Conde tras o crack de Banesto sería, á beira disto de agora, pouco máis que unha broma. Pero Hernández Moltó presidía a Caixa en nome do Partido Socialista Obreiro Español. E a un obreiro socialista, na España de José Luís Rodríguez Zapatero, ninguén vai metelo no cárcere coma se tratásese dun vulgar explotador do proletariado. A quebra da CCM foi un exercicio de laboratorio. Tras do cal todos sabemos -e, sobre todo, todos os partidos saben- que o risco de que calquera Caixa -calquera, sen excepción- acabe como a Caixa de Moltó é máis que verosímil. Sabemos -saben, sobre todo, os partidos- tamén que, sexa cal for a inimaxinable cifra de diñeiro que se haxa volatilizado e que os sufridos contribuíntes debamos enxugar cos nosos impostos, ningún dos políticos-xerentes que as arruinaron acabará no cárcere. Porque arruinalas non foi erro nin malevolencia; foi a función que se lles asignou ao ser nomeados directivos. O diñeiro non se crea nin se destrúe. Se se veu acumulando faraónicamente nas negrísimas contas dos partidos, dalgún sitio tivo que saír. Ninguén que viva da política en España vai permitir que sexan investigadas seriamente as contas das Caixas. Nin que acabe pagando polo espolio algún tipo o bastante importante como para poder cantalo todo un día acerca das súas blindadas contabilidades.
Non hai máis que corrupción na política española. Non é que haxa corrupción: iso sería, ao fin, parte do custo que a democracia entraña. É que non hai máis nada que corrupción. Equitativamente repartida entre todos os partidos. Todos. Sen excepción algunha. Porque todos, nas diversas proporcións que corresponden ás súas clientelas electorais, participan na fragmentada rede de poderes autonómicos e municipais que opera como a máis fantástica máquina de lavar diñeiro negro que invente a Europa do último medio século. As vellas mafias sicilianas ou napolitanas mírannos hoxe cunha envexa que apenas se camufla. O sistema español é, na práctica, inexpugnable. Porque beneficia a todos. E eses todos lexislan.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

El descrédito de la política y de los políticos es seriamente preocupante, tanto por la ineficacia de sus actuaciones y la lejanía de sus preocupaciones respecto de los intereses generales, como por la incesante corrupción política en la que se ven envueltos. La corrupción política, descrita muy sumariamente, es aquella que consiste en utilizar los cargos y funciones públicas para beneficio personal (o del partido o grupo al que se pertenece) a cambio de una recompensa, en lugar de utilizarlos para aquello que prevén las leyes. Debemos, pues, empezar a tratar en serio de la corrupción política para intentar ponerle remedio. Me permito apuntar, muy brevemente, algunas tesis para el debate:
POLÍTICOS, JUECES Y FISCALES, A LA CARCEL, EL PAIS ESTÁ PODRIDO.

Que viene, que viene. dixo...

¡¡ISTO ESTA QUE ARDE!!

NOVO PELOTAZO EN VIGO

J. A. Otero Lamas, asesor personal de Santi Domínguez, prepara o novo contrato das piscinas municipais por 6 millons de euros sin concurso público pra seus amigos de MOVIX-VIAL. ¡¡Donde esta o fiscal anticorrupción!! Garzón, pásate por Vigo