
Nadiña de nada de demagoxia supón comparar, como fixo o presidente Lula e recollía en portada varios xornais, os centos de miles de millóns derivados a salvar a situación dos bancos, mentres 17.000 nenos morren cada día por falta de alimentos. A metade dese orzamento bastaría para eliminar a fame do mundo, un arma de destrución masiva máis devastadora que todas as plantas atómicas secretas que o Goberno de Teherán poida ocultar á ONU. Ademais dunha enorme inxustiza, a fame negra é máis perigosa que eses talibáns empregados en dinamitar colexios de nenas en Paquistán. E aínda queda por lamentar o fracaso anticipado do próximo cume en Copenhague. China e EEUU xa se desvincularon do pacto sobre o cambio climático. De momento, seguirán contaminando este panorama tinguido de negro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario