luns, 2 de novembro de 2009

O CHOIO DE SER SINDICALISTA

Os sindicatos levan máis de 30 anos ocultando as súas finanzas.

As arcas sindicais son un pozo sen fondo. Os sindicatos non queren falar das súas contas porque lles obrigaría a recoñecer que as cotas dos seus afiliados non cobren nin o 5% dos seus gastos anuais. Só en formación UXT recibirá este ano 95,5 millóns de euros e CCOO 94,08 millóns. Ademais das subvencións, as administracións achegan sedes por máis de 7 millóns mensuais. E o Goberno ZP, facendo de comparsa.
A clave do financiamento reside no criterio de sindicato máis representativo, unha condición que se adquire co 10 por cento do resultado electoral nas centrais de ámbito nacional. É dicir, Unión Xeral de Traballadores (UXT) e Comisións Obreiras (CCOO).
O QUE SE VE
O Ministerio de Traballo financia por unha dobre vía ás centrais sindicais. Unha partida orzamentaria para 2010 (que é exactamente a mesma que se aprobou para 2009), alcanza 15.798.500 euros, destinados ao financiamento baseado na representatividade, segundo os resultados globais obtidos en eleccións sindicais legalmente convocadas. O seu destino é vago e indeterminado: actividades de carácter sindical.
Hai unha segunda partida dos Orzamentos do Ministerio de Traballo, tamén reproducida literalmente de 2009 ao proxecto de 2010, por importe de 4.800.790 euros, que se destina a compensación económica por participación de centrais sindicais e organizacións empresariais nos órganos consultivos centrais e territoriais do Ministerio de Traballo e Inmigración, dos seus organismos autónomos e das entidades xestoras da Seguridade Social.
O QUE NON SE VE
En diante, comezamos nas areas movedizas do financiamento indirecto, a través dunha trama de subvencións e pagos en especie que todas as administracións e outras institucións pagan. Ese é o buraco negro.
A formación de traballadores é a gran ubre que fornece de diñeiro aos sindicatos e tamén á patronal. En concepto de formación intersectorial, as dúas centrais máis grandes recibirán este ano 21.083.110,63 euros e na formación sectorializada o conxunto dos sindicatos percibirán 172.667.675,5 euros, dos que 83.461.408,7 euros corresponden a CCOO e 85.025.943 a UXT. Para o resto de sindicatos quedan outros 4.184.000 euros. Sumados os dous ámbitos, a formación reporta a UXT 95,55 millóns de euros e a CCOO 94,01 millóns de euros.
A XENEROSIDADE DO GOBERNO
Dous exemplos de que o goberno é refén dos sindicatos poden atoparse nestes xenerosos manguerazos ás arcas sindicais:
- En vésperas do Primeiro de Maio, o Executivo sementa de diñeiro o campo sindical. O Instituto de Administración Pública aproba a concesión de axudas con 28.908.283,99 euros, da que 22.345.878 euros van parar a partes iguais a UXT e CCOO.
- Tamén Sebastián suavizou as reivindicacións do Día do Traballo con 357.175 euros para a Federación Minerometalúrxica de CCOO (á que pertence o secretario xeral do sindicato Ignacio Fernández Toxo).

2 comentarios:

DEMOCRACIA dixo...

EL CUENTO DE LA VACA
A mi me recuerda a una vaca que tenía mi padre, y que jugaba al escondite con él. Mi padre se escondía tras un árbol, y la vaca iba hasta él. Luego, la vaca escondía la cabeza en el mismo árbol (de no mas de 60 cm de diámetro), no dándose cuenta que tenía bastante mas cuerpo visible. Era un animal bastante inteligente comparado con los de su rebaño. LOS SINDICATOS: me recuerdas a la vaca "Primorosa". Eso si, daba muy buena leche y en abundancia a toda la familia, y era muy paciente. Hasta permitía que los niños montáramos sobre ella, y nos paseaba suavemente. Un animal muy noble. Pero no servían para la política. Ahí solo triunfaban las comadrejas, los buitres, algunos tordos, los zorros, y otros animales depredadores y carroñeros. Pero la masa sindicalista, solo piensa en lo suyo, vivir bien a cuenta de la política.

UN TRABAJADOR dixo...

Como ocurre con la política, los sindicatos son también una vía rápida para medrar, bien por cobrar más y trabajar menos (permisos y horas sindicales), bien por obtener puestos con mejores condiciones de trabajo, bien por disfrutar de otras ventajas de diversa índole, todo ello como precio por su silencio o su complicidad con los patronos.
Esto no quiere decir, como ocurre con los cargos políticos, que todos los sindicalistas utilicen estas posibilidades en beneficio propio.
Y desde luego, no se puede desdeñar el papel de los sindicatos en general en defensa de los derechos de los trabajadores.