luns, 9 de novembro de 2009

OS TRAMPOSOS

Constatado. Moitos políticos aprovéitanse do seu cargo. Os queixumes dos honrados chocan cada día coa convicción probada de que hai concelleiras, alcaldes, deputados e directores xerais que utilizan a súa posición para conseguir privilexios. Entre o delito e a incorrección hai un inmenso catálogo de faltas co que os cidadáns elaboramos un código de desconfianza cara á clase política alimentado de conviccións. Abusar do coche oficial, embriagarse en restaurantes de pompa, enriquecerse mentres se ostentan responsabilidades públicas e trampear os sistemas de control da democracia forma parte do comportamento habitual de moitos xestores, gústelle á clase política ou non. A generalización da trampa, sexa esta un delito ou unha produtiva picardía, instalounos nun estado de anestesia social do que non conseguimos espertarnos: os cidadáns habemos interiorizado que os políticos son corruptillos ata o punto de considerar que o chanchullo, a fullería e a trapallada son comportamentos intrínsecos ao gobernante, un mal necesario que combatemos a base de cinismo. A crenza de que moitos dirixentes non son honrados téñena tamén moitos dos seus colegas de xestión, aos que con todo cústalles denunciar ao que traspasou a liña; co seu silencio perpetúan un sistema que está pedindo a berros un pacto colectivo para ser refundado.
Existen alertas, a destra e sinistra, sobre os problemas que como sociedade nos pode xerar esta clase política que con tanta facilidade coquetea co lado escuro. As grandes corruptelas ás que desde sempre sucumbiron algúns poderosos estendéronse hoxe como unha mancha de aceite ata crear unha realidade transversal da trampa apontoada por un exército de granujas. Mentres os demais observamos.

1 comentario:

Anónimo dixo...

La ultraderecha del partido putrefacto popular, ha demostrado constantemente que solo entiende de llenarse los bolsillos con dinero público, pero no tiene ni idea de sentido de estado. Podemos recordar cómo se tiró los cuatro primeros años de legislatura metiendo caña al gobierno con ETA, usando a las víctimas como arma arrojadiza y ahora hace lo mismo con los secuestrados en el Alakrana. La ultraderecha española es peligrosa, cateta, cerril y ladrona.