venres, 1 de xaneiro de 2010

COLECTIVOS NATURALISTAS COMPRAN TERREOS

Colectivos naturalistas compran terreos para garantir a súa conservación

Grupos de particulares alugan ou compran terras para garantir a súa conservación

"Os espazos naturais non poden ser espazos illados, os cidadáns deben implicarse na súa protección", explica Óscar Rivas, secretario da Asociación Galega de Custodia do Territorio, que acaba de nacer en Lugo coa intención de converterse en "referencia" da defensa da natureza por parte da sociedade civil. "Queremos chegar a acordos con propietarios que se comprometan a coidar os seus terreos ou ata a alugalos ou cedelos para a súa conservación", explica. A cambio, os biólogos, veterinarios e enxeñeiros agrónomos da asociación brindaranlles asesoramento técnico. Aínda que constituída 2008, é agora cando a asociación comeza a súa actividade como entidade de custodia, figura mencionada por primeira vez na Lei de Patrimonio Natural de 2007.
É a iniciativa máis recente, pero non a primeira. En Galicia existen dez colectivos que loitan, de forma voluntaria, por restaurar e conservar os valores naturais de territorios non sempre protexidos. Hainos de todos os tipos: especializados no coidado dos ríos, na catalogación de aves ou na recuperación de murciélagos. Na comarca do Ribeiro funciona desde 1997 a asociación Ridimoas, nacida como actividade extraescolar na antiga Escola Laboral de Ourense. Empezaron recollendo aves de presa feridas de bala e na actualidade xa teñen baixo a súa custodia 500 hectáreas de terreo forestal en Beade, Leiro e Carballeda de Avia. Compran unha hectárea por ano, que co si da Administración converten en refuxio de fauna. "É o único lugar do Ribeiro onde non se pode cazar nin pescar", presume Pablo Rodríguez, o seu presidente. Fixéronse coas primeiras parcelas en 1988, que compraron despois de que a súa iniciativa fose recoñecida con diversos premios en metálico. Ademais, cada socio -1020, algúns chegados de Canadá, Reino Unido e Alemaña- achega 10 euros ao ano, con reúnenos o necesario para adquirir os terreos.
Aos propietarios, asegura Rodríguez, non fai falta chamalos. "Saben que pagamos ben". Tamén compran viñas abandonadas que logo ceden aos veciños interesados en traballalas. "Aquí a xente está afeita á contraventa, hai viñas que pasaron por case todas as familias", explica. Os veciños, que ao principio se estrañaron", agora colaboran con Ridimoas e consúltanlles "ata para pór unha estaca". O exhaustivo traballo de catalogación que Ridimoas levou a cabo permite, ademais, sacar conclusións sobre a evolución da fauna do Ribeiro. "Aumentaron os xabarils, pero diminuíron os coellos e perdemos por completo a perdiz", enumera. A reserva -"hai zonas, como as beiras do río, que nin pisamos, son moi sensibles"- verase ampliada cun Centro de Interpretación do Ribeiro dedicado ao estudo da fauna e a flora da comarca.
Parecida é a estratexia do colectivo lucense Numenius, que desde fai catro anos aluga leiras en...

Ningún comentario: