mércores, 20 de xaneiro de 2010

RAJOY RECORTARÁ GASTOS SOCIAIS SE CHEGA AO GOBERNO

"Non nos podemos permitir o luxo de gastar máis do que ingresamos"

"2010 vai estar marcado pola crise económica", segundo prognosticou o líder do PP, Mariano Rajoy, nunha entrevista na Cadea SER na que deixou claras unha vez máis as súas receitas económicas para saír da crise: "controlar o gasto público" para "diminuír o déficit e a débeda pública", "reestruturar o sistema financeiro" e "reformar o mercado laboral". "Supoño que a redución do gasto público non lle gusta á xente", recoñeceu, aínda que insistiu en que se chegase ao Goberno non dubidaría en facer recortes sociais porque "non nos podemos permitir o luxo de gastar máis do que ingresamos" nin se "pode vivir por encima das posibilidades de cada un".
Mariano Rajoy xa apostou por abaratar os despedimentos e recortar os gastos sociais, e reiterou as súas receitas anti-crises nunha entrevista en Hoy por Hoy, na que asegurou que estas dúas políticas económicas xunto coa reestruturación do sistema financeiro deben ser adoptadas "con urxencia". Ao seu xuízo, "o drama deste Goberno é que non fai nada", e mantén unha "inacción" esperando "a ver se deixa de chover, se se dá a recuperación", algo que non pode ocorrer se non se toman medidas contundentes.
"Non queda máis remedio" que reducir o gasto público
O líder da oposición recoñeceu que "as reducións de gasto público non lle gustan á xente", con todo, apuntou que sería a primeira medida que tomaría se gobernase o país e afirmou que "neste momento non nos podemos permitir o luxo de gastar máis do que ingresamos", polo que "non queda máis remedio" que reducir "algunhas partidas" para "diminuír o déficit e a débeda pública".
Reestruturar o sistema financeiro e reformar o mercado laboral
Ademais Rajoy anunciou outras dúas medidas para mellorar a situación económica: "reestruturar o sistema financeiro" para que volva haber "crédito" que xere "investimento". "Nisto imos moi atrasados, aquí non se está facendo nada", lamentou, e advertiu de que "sen crédito non pode haber recuperación". Ademais, avogou por unha "reforma do mercado laboral" cun novo tipo de contratos o que, segundo dixo, non ten por que supor un abaratamento do despedimento, xa que "hai moitísima xente con indemnizacións de 8 días a cero días, estes contratos temporais son os que se fan agora, e iso hai que estudalo".
Gürtel
Sobre a trama de corrupción do caso Gürtel, Rajoy descartou que as empresas de Francisco Correa financiasen de xeito irregular ao PP: "Ata onde eu sei, xamais estas persoas deron un só euro ao PP", subliñou. Ademais, asegurou que "non dimitiría" se se demostrase que os dirixentes do seu partido implicados no caso son culpables dos delitos que se lles imputan porque el non participou da trama. "Por esa vía vai ser difícil acusarme", sinalou.
Escóitas de Cospedal
Tamén se referiu á citación xudicial que pesa sobre María Dolores de Cospedal polas acusacións que fixo ao Executivo polo sistema de escoitas Sitel. Rajoy recordou que as supostas escoitas ilegais están denunciadas nos tribunais, onde os populares defenderán as súas acusacións. "Nestas cousas hai que ser moi coidadosos (...), cando se fala de dereitos fundamentais, hai que explicar moi ben as cousas", alegou.
A axenda catalá
O líder da oposición aludiu á axenda catalá e afirmou que o seu partido mellorará a súa situación nos próximos comicios autonómicos. "É certo que os cataláns sempre nos tratan moi ben, pero temos menos votos dos que teriamos que ter. Nas próximas eleccións hai unha oportunidade, en Cataluña hai unha demanda de cambio político, e o PP está en disposición de de axudar a propiciar ese cambio para resolver os problemas reais e entrar nunha etapa de sensatez".
Aborto, educación e críticas ao Goberno
Sobre a nova lei do aborto, Rajoy confirmou que o seu partido presentará un recurso en contra da norma, e precisou que esta reforma non se atopaba mencionada no programa electoral dos socialistas. Ademais, referiuse á necesidade de lograr un pacto pola educación e considerou que o ministro Angel Gabilondo é "unha persoa sensata". No entanto, advertiu de que o de Zapatero "é o peor Goberno de España desde 1977".

4 comentarios:

DEMOCRACIA dixo...

El decálogo Rajoy
1. Al currito de a pie se le ha de despedir más fácilmente aún y por menos dinero. 2. La reforma fiscal consistirá en apretar más al sufrido currela por cuenta ajena que no puede ocultar ni un pavo al fisco. 3. Las cajas y bancos se transforman siguiendo la máxima de dejar bien instalados a nuestros coleguis del alma. 4. Podamos y congelamos los salarios de los funcionarios, pero no sacamos a ninguno de los amiguetes( y son legión) que hemos colocado sin opositar y que no tienen ninguna aptitud para desempeñar el puesto que ocupan. 5. Recortamos prestaciones sociales de manera tal que no nos resten demasiados votos. 6. Nos instalamos en empresas que trabajan para las distintas Administraciones y nos lo llevamos muerto. 7. Tratamos de volver a poner en pie el milagro de los panes y los pisos para seguir desplumando a todo aquél que necesite una vivienda y de paso recalificamos las fincas inservibles de la familia. 8. Tratamos de competir con bajos sueldos y de investigar nada de nada. Sol, sangría, pisos y mucho billete de 500 euros circulando para pagar a los negros. 9. Comemos a EEUU a la menor opertunidad que se presente. 10. A los curas les damos gloria bendita. Y así hasta el infinito, con el puro en la boca, bien comido y viajando en Audi A8 blindado. El desideratum de Marianico, el líder megacósmico.

UN GALEGO dixo...

MARIANIÑO, Marianiño, ¡qué pena me das, homiño! ¿Por qué no propones iniciar la reducción del gasto evitando que miles y miles de políticos chupópteros, entre los que figuras, perciban unos sueldos astronómicos, mientras el salario mínimo en el país no llega ni a los 700 euros? ¿Por qué no propones que ningún político, empezando por ti, pueda percibir mensualmente un sueldo que supere el 75% del que cobra el Presidente del Gobierno? ¿Por qué no propones asimismo que vosotros, los chupópteros, no podáis percibir uno, dos, tres o más sueldos simultáneamente? ¿Por qué no propones que desde concejales a senadores, pasando por diputados y demás, no exista un salario fijo, salvo en los casos de dedicación exclusiva, sino que se abone el trabajo de cada uno y se castigue su ausencia en el Congreso de los Diputados, el Senado, etc. ? etc. , etc. , etc. Ahora ya puedes empezar tú, y quienes te respaldan, a hablar de CC. AA. , de competencias transferidas y demás, para justificar que cuanto te sugiero jamás lo propondrás, por irrealizable.

Anónimo dixo...

La reforma del mercado laboral, nos lo venden como la panacea para crear empleo. Nada más lejos de la ralidad. Puede ayudar, pero los empresarios contratan en primer lugar, en función de las espectativas de negocio de su empresa. En estos momentos las espectativas son pésimas y van a peor. El gobierno, no está para crear empleo, tiene que favorecer las condiciones de las empresas y de la economía para que los empresarios se animen a ampliar sus empresas. Pero los polìticos no están por la labor, solo se dedican a colocar a los familiares, amigos y correligionarios (por este preciso orden), con sus maxisueldos y megapensiones, consolidadas con unos pocos años en el cargo, mientras cualquier trabajador, necesita un porrón de años, para tener derecho a una mierda de pensión. Este Estado mastodóntico que tenemos, donde hemos pasado de 600.000 fundionarios a más de 3 millones, sin contar las externalizaciones, mientras que Alemania con doble de población solo tiene millón y mendio, es la losa que tienen que arrastar las empresas en este mundo competitivo, donde los más eficientes son los que sobrevivien. Por esto no es extraño que todos los dias se cierren empresas, bien por falta de viabilidad o por deslocalizaciones, en busca de mejores condiciones.

Anónimo dixo...

Tiene guasa la cosa. ZP se cree que Europa y los Europeos ya son suyos como en España, que no le basta hundir el País, sino que lo quiere terminar de ahogar con sus sanciones e impuestos. El primer día de presidente, Alemania ya le para los pies. En Europa no son tan gilipollas como aquí, que los pone en el paro, los ahoga a impuestos, les miente a sabiendas de que lo saben, les dice que ya hemos salido de la crisis y todos tan contentos y por si alguien lo pone en duda les dice que con el PP estarían peor y todos le aplauden y con cara de felicidad, se van a la cola del INEM y a la de los comedores subvencionados por los curas.