Os promotores admiten que os municipios ben asesorados esquivan as derribas
O urbanismo galego reséntese de anos de laxitud normativa. Galicia acumula, por varios miles, sentenzas xudiciais de derriba de inmobles -a maior parte das veces por concesión de licenzas ilegais- que en boa medida acaban sen executar. Responsables municipais de urbanismo, promotores e arquitectos coinciden en debuxar un complexo panorama urbanístico que comeza co "deixar facer" dos gobernos locais e acaba erosionando as arcas municipais.
Cada sentenza de derriba, e pesan preto de 3.000 sobre os concellos galegos, obriga aos gobernos locais non só a afrontar o gasto da demolición da obra declarada ilegal, senón tamén o de indemnización aos veciños afectados. E o problema é que a maior parte dos municipios carecen de orzamento suficiente para facer fronte ao gasto, co que se embarcan nun vía crucis de apelacións e aplazamentos con desigual fortuna para o erario público de cada Administración local.
"Aínda que a lei é igual para todos, os concellos con mellores equipos xurídicos adoitan evitar a demolición tras as continuas apelacións", sostén Benito Iglesias, presidente da asociación de promotores inmobiliarios de Ourense (Adeido).
Os concellos dispón dunha partida económica para asumir os gastos das derribas de inmobles que varía en función dos seus orzamentos, pero que sempre resulta insuficiente. En Ourense, as oito sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulan no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) dan conta da situación urbanística en que se atopa a cidade.
A concelleira responsable deste departamento, Áurea Soto, estimou en 40 millóns de euros a demolición, ordenada por sentenza, da praza de San Antonio, no centro da cidade. O goberno anterior, que concedera a licenza, solicitou no seu día a non execución e o tribunal negouna. O novo grupo de goberno volveu pedila. E conseguiuna. "Presentamos unha proposta moi ben elaborada co traballo da asesoría xurídica do Concello, do coordinador de Urbanismo e cunha boa asistencia técnica", sinala Soto. O alto tribunal galego aceptou que non se executase e impuxo ao Concello o pago dunha indemnización de 360.000 euros á demandante. O aforro foi considerable.
O representante dos promotores bota en falta unha normativa "unificada e clara" en lugar de "a multitude existente de leis" que permite "aos mellores xuristas" conseguir o seu propósito de deixar en pé o edificio mentres os concellos con menos recursos "adoitan acabar asumindo estes custos".
Iglesias lamenta, ademais, a "ausencia" de órganos de control fundamentais "tanto municipais como xudiciais" para evitar nun caso a concesión de licenzas irregulares e, no outro, o "desigual cumprimento das sentenzas".
O arquitecto, e presidente do colectivo ourensán, Juán Rodríguez, enmarca o problema no "tradicional deixar facer" das Administracións e sostén que agora pagan "todos os cidadáns as consecuencias". Rodríguez recoñece que os concellos teñen ferramentas para cumprir as sentenzas "pero sae caro e, ademais, é moi impopular", e difícil de asumir, en especial para os políticos con licenzas ilegais outorgadas polos seus antecesores.
As ferramentas coas que contan os concellos son contadas: "Bos técnicos e bos xurídicos con dedicación exclusiva á Administración" que redacten bos documentos ou que "controlen a calidade dos externos", explica Soto. Trátase dun longo proceso, porque os expedientes duran unha media de 10 anos.
Os concellos de cidades como Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense dotáronse dos servizos de despachos externos paralelos aos que poden solicitar que se centren nun expediente concreto cada certo tempo, garantíndose así a presentación dos mellores recursos ante a Xustiza. Os que carecen destes medios estiran no posible os prazos mentres intentan legalizar os seus planeamentos urbanísticos, aínda que ao final "o peso da lei acaba caendo sempre sobre eles", sentencia o promotor inmobiliario.

1 comentario:
Caso flagrante es del Vigo con edificios (Piricoto, Pastora, Canido Torres Ifer...), centros comerciales (Gran Vía) y puertos deportivos (Punta Lagoa) construidos de forma ilegal y bajo mandato (mirar para otro lado) de los 3 partidos (PP, PSdG y BNG).
Aunque flagrante fue el caso del PP en la época de Corina Porro con la autorización del Puerto deportivo de Punta Lagoa (beneficiando al Presidente de Pescanova), supuestamente a cambio de Pescanova aportara dinero para la Volvo Ocean Race y la construcción del Centro Comercial de Gran Vía (benficiando a ING) para que el banco también patrocinara la VOR.
Publicar un comentario