O vínculo entre o proxecto de Montefaro e o Plan de Ordenación do Litoral (POL) chámase Encarna Rivas. Cando se xestionou o Plan Xeral e o proxecto do club de golf, Rivas era a xerente de Urbanismo de Sanxenxo. Agora é a máxima responsable de Urbanismo da Xunta, desde o seu cargo de secretaria xeral, aínda que foi Manuel Borobio, como director xeral de Sustentabilidade e Paisaxe, quen dirixiu a dirección do POL na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
En Sanxenxo, Rivas traballou ás ordes de Telmo Martín. Foi destituída fulminantemente aos dous días de que o agora presidente local do PP de Pontevedra fose relevado na alcaldía por Catalina González. Unha das últimas decisións de Rivas e Martín foi a de substituír a obrigación de construír vivendas sociais no club de golf por unha cantidade económica. O que entón era un vantaxoso convenio converteuse, tras o estalido da burbulla inmobiliaria, nun grave lastre para as promotoras do club de golf.
Sedesa, propietaria do 70% do solo do futuro club de golf, reclamou mediante un recurso de reposición a devolución dos case 4,8 millóns ingresados. Ante o rexeitamento do concello, acudirá á vía xudicial.

A Xunta exclúe da protección de costa un campo de golf ...
Encarna Rivas: A Xunta xustifica pola súa propia "inacción" a...
Ningún comentario:
Publicar un comentario