Suma 153.000 euros ao millón que pagou a esta empresa pola auditoría das caixas
(Ke Pagen Máis os Galegos), este debe ser o significado das siglas da auditora KPMG, autora do xa famoso "informe do millón de euros" que o presidente Feijoo encargou a esta firma madrileña o pasado mes de xaneiro sobre a viabilidade da fusión das caixas galegas. Aínda que o informe daba a razón ao señor Feijoo (ou polo menos iso foi o que nos dixo a Xunta de Galicia), o certo é que a realidade é túzara e non fixo máis que pór en cuestión as cifras e afirmacións da due diligence de KPMG, diverxencias do calibre de 1.100 a 3.000 millóns de euros no custo estimado da fusión, segundo os números da auditora no primeiro caso e os de Caixanova no segundo.
O presidente da Xunta deuse moita présa en adxudicar pola vía de urxencia e sen o preceptivo concurso público o ditoso informe sobre a viabilidade da fusión. Así que os galegos tivemos que pagar 1 millón de euros pola auditoría feita en tempo récord, filtrada a medio camiño a La Voz de Galicia, e presentada "a cachos" en rolda de prensa pola conselleira de Facenda en documentos que non tiñan nin o membrete de KPMG que avalase os datos dados pola Xunta.
A pesar de que estas sombras sobre a due diligence seguen sen ser clarificadas, a Xunta de Galicia volveu a elixir a KPMG para asinar outro contrato, esta vez para a realización das verificacións previstas para as operacións correspondentes ao Programa España-Portugal 2007-2013. Este contrato, cofinanciado con fondos da Unión Europea, reportará a KPMG 8.600 euros por cada millón de euros que verifiquen dentro deste programa, ata un máximo de 17,9 millóns de euros. Así as cousas, a auditora favorita da Xunta poderá embolsarse outros 153.940 euros (máis de 25,6 millóns de pesetas) dos petos de todos os galegos.
Resulta curiosa esta nova aparición de KPMG na vida de todos os galegos, e máis curioso aínda é que a mesma empresa que cobra a friorenta de 1 millón de euros por unha de diligence que despachou en pouco máis dun mes, agora resulta que se presenta a un concurso público e gáñao por ser "a oferta máis vantaxosa". A conselleira de Facenda, a mesma que compareceu en rolda de prensa coa auditoría das caixas sen o logo oficial de KPMG, podería aproveitar para explicarnos este cúmulo de casualidades.

Ningún comentario:
Publicar un comentario