domingo, 13 de xuño de 2010

MADOFF: "QUE SE FODAN AS MIÑAS VÍTIMAS"

The New York Magazine publica un perfil do estafador, no que confesa que ve ás súas vítimas como "avaros" e "estúpidos"

O estafador máis grande dos últimos tempos non sente piedade algunha polas súas vítimas. Así o confesou Bernard Madoff, que actualmente cumpre unha condena de 150 anos pola multimillonaria estafa financeira que orquestrou, á revista The New York Magazine.
"Que se fodan as miñas vítimas", di sen reparos. "carguei con eles durante 20 anos e agora estou encerrado por 150 anos", engade en referencia aos seus clientes, a quen define como "avaros" e "estúpidos".
Madoff, segundo a publicación neoiorquina, converteuse nun heroe entre os seus compañeiros de prisión, a quen asesora en asuntos inmobiliarios e de investimentos financeiros. Así o confesan outros presos e investigadores entrevistados por The New York Magazine, que aseguran "a fascinación" que espertou entre os internos, que lle piden autógrafos".
No perfil que publicará a revista Madoff explica que, na primeira prisión na que ingresou a xente pedíalle que lle xestionase o seu diñeiro. "Houbo ata un que quería investir e cando lle dixen que non gritouME:¿Que pasa? ¿Que non son suficientemente bo?".
Máis detalles da publicación mostran como Madoff considérase unha especie de Robin Hood, aínda que sen darlle diñeiro aos pobres. Segundo Shannon Hay, traficante que cumpre condena xunto ao financeiro, a explicación que dá da estafa é que lle quitaba o diñeiro á xente que era rica e avara e que quería máis".
Público

Ningún comentario: