O PP facilita agora un proxecto polo que se mobilizou contra o bipartito
A loita de boa parte do tecido social da Terra Chá contra a empresa Erimsa para impedir a extracción de cuarzo na comarca reactivouse nas últimas semanas. Co conflito estancado nunha batalla legal que mantén abertos cinco contenciosos nos xulgados de Lugo, un cambio introducido polo PP durante a tramitación parlamentaria da reforma da Lei do Solo aprobada a finais de marzo acendeu as alarmas entre a oposición ao proxecto: a actividade mineira en solo rústico de especial protección agropecuaria -cualificación baixo a que se atopan a maioría dos terreos afectados polas concesións feitas públicas en novembro de 2006- pasou de "uso prohibido" a "posible", é dicir, pode ser autorizada desde a Xunta.
A pirueta legal deixou nunha posición incómoda aos alcaldes do PP na comarca. Cando se outorgaron as tres concesións, os populares, que naquel momento gobernaban nos seis concellos afectados, uníronse para solicitar á Consellería de Industria a derrogación do proxecto. O entón presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro, chegou a cualificar as autorizacións de "alianza co gran capital" para "jorobar aos gandeiros da Terra Chá".
"Decisións anteriores tomadas por outros partidos tamén beneficiaron á explotación", deféndese agora o rexedor de Cospeito, Armando Castosa, "e non me parece reseñable opinar desde o punto de vista político".
A intención de Erimsa de executar a concesión para a extracción de cuarzo outorgada pola entón Consellería de Innovación e Industria dependía ata agora das licenzas municipais en litixio. Desde a modificación legal, calquera nova solicitude de licenza será remitida directamente á Administración autonómica. "A tramitación directa coa Xunta benefícianos", recoñece o director de Erimsa, José Luís Martínez, que afirma ademais que a empresa xa pechou acordos de aluguer na zona.
Coa explotación de cuarzo na comarca cada vez máis próxima, Castosa afirma que hai que buscar "o interese xeral" da Terra Chá. "Pero non podo precisar cal é", engade.
En 2008, Erimsa presentou as primeiras solicitudes de licenza urbanística e de actividade no seu concello e nos da Pastoriza e Castro de Rei, tres dos seis afectados pola concesión (os outros tres son Abadín, Riotorto e Vilalba). Tres meses despois, ante a falta de resposta por parte das administracións locais, a empresa manifestou que entendía as licenzas "outorgadas por silencio administrativo positivo".
A resposta dos concellos foi unánime: a lexislación aplicable non auspiciaba esa interpretación e as licenzas só se outorgarían de axustarse plenamente a dereito. Erimsa demandou aos concellos de Cospeito, A Pastoriza e Castro de Rei para defender a súa postura. O Sindicato Labrego Galego, Adega e varios particulares tamén se acudiron nos contenciosos.

El Pais
Ningún comentario:
Publicar un comentario