martes, 29 de xuño de 2010

O VOITRE Á ESPREITA (EL BUITRE AL ACECHO)

Fernández Ordoñez Gobernador do Banco de España, pide unha reforma urxente do sistema de pensións

O gobernador do Banco de España, Miguel Angel Fernández Ordóñez, pediu ao Goberno unha reforma urxente do sistema de pensións e demanda que se realice rapidamente e co maior consenso político. "Pode ser unha peza fundamental para disipar a incerteza que estamos sufrindo nas últimas semanas", dixo o gobernador.
Por outra banda, Fernández Ordóñez aproveitou a súa intervención para cualificar de insuficientes as medidas adoptadas polas Comunidades Autónomas, Concellos e corporacións locais destinadas a reducir o gasto público.
Na súa opinión, ditas medidas "están moi lonxe de responder á redución do gasto que necesita a nosa economía". De feito, considera que deberían intensificar o seu recorte do gasto para que España poida cumprir cos seus obxectivos de redución de déficit.
Na súa opinión, o obxectivo de reducir o déficit resulta "excepcional" para a economía española, pero tamén é "imprescindible" para disipar os riscos da contorna á nosa situación fiscal. Noutras situacións, a redución do desequilibrio das contas públicas podería ser "máis sostida", pero agora é "imposible" porque os investidores reclaman plans cribles de consolidación fiscal, dixo. Neste sentido, insistiu na necesidade de adiantar unha parte importante do esforzo por conseguir que en 2013 o déficit quede no 3% do PIB.
Para Fernández Ordóñez, os pasos dados ata agora en cando á reforma laboral, sistema de pensións e sistema financeiro van no bo camiño pero "hai que seguir traballando", dixo durante a súa comparecencia na Comisión de Economía e Facenda do Congreso.
Sobre as fusións entre as caixas de aforros, o gobernador asegurou que a ameaza de intervención foi un incentivo para acelerar o proceso de integración destas entidades

Ningún comentario: