xoves, 24 de xuño de 2010

A XUNTA LEGALIZA 11 CHALÉS DE VIVEIRO CON ORDE DE DEMOLICIÓN

As licenzas foron impugnadas pola Xunta anterior e están nos tribunais

Foi un deses acordos que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anuncia -sen deterse moito- na rolda de prensa posterior ás súas reunións de Goberno e polos que os xornalistas non pode preguntar, porque -a diferenza do que sucedía con Emilio Pérez Touriño e con Manuel Fraga- os medios só reciben por escrito os acordos do Consello cando xa concluíu a comparecencia do presidente. Esa fórmula permite a Feijóo obviar preguntas incómodas sobre calquera medida impopular que avale o seu Executivo.
Como o pasado 3 de xuño, cando el mesmo pasou de puntillas sobre o decreto que a Xunta aprobou ese día para modificar a ordenación urbanística do Concello de Viveiro. Feijóo despachou o asunto no medio minuto, alegou que o acordo busca profundar na "colaboración institucional" e anunciou sete "matizacións" ao decreto do bipartito para adaptar as normas urbanísticas deste municipio da Mariña á lexislación actual.
Pero o documento aprobado pola Xunta a proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, corrixe algo máis que matices á norma que o bipartito ditou para suspender as vetustas normas subsidiarias que guiaban o urbanismo na localidade lucense. Segundo figura na norma publicada o pasado 10 de xuño no Diario Oficial de Galicia, un dos artigos do decreto servirá para legalizar 11 chalés unifamiliares construídos sobre solo que a anterior conselleira de Política Territorial, María José Caride, cualificou como rústico e xa que logo vedado ás vivendas unifamiliares.
O bipartito determinou que, como as leiras tiñan a cualificación de urbanizables nas normas subsidiarias que quedaron suspendidas, desde ese momento pasaban a ser consideradas solo rústico. E seguindo ese criterio, meses despois ditou ordes de demolición contra esas 11 edificacións, seis das cales son propiedade de particulares, ademais dunha urbanización de cinco chalés promovida pola construtora Cathering Viveiro no lugar de Aguadoce.
A decisión do bipartito chocou xa entón co criterio do alcalde Viveiro, o socialista Melchor Roel, que concedera sete licenzas para edificar os chalés nesa zona do municipio. As diferenzas entre o departamento que dirixía María José Caride e o rexedor socialista acabaron no xulgado do contencioso, que agora debe fallar sobre a legalidade daqueles permisos municipais. Son os tribunais os que deberán dirimir despois de que os propietarios das casas recorresen as ordes de demolición.
A consellería de Hernández, que apoia a súa decisión sobre un acordo previo da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, rectifica agora aos seus antecesores, para colocarse ao lado do alcalde de Viveiro. O artigo oitavo do seu decreto, que substitúe ao que o bipartito aprobou en xuño de 2006, outorga a cualificación de núcleos rurais a eses chans antes delimitados como rústicos e que desde o pasado 11 de xuño pasan a incluírse dentro da ordenanza.
O cambio é substancial, posto que a Xunta segue sendo parte no conflito que debe dirimir o xuíz. De feito, ata agora defendía a legalidade das ordes de demolición ditadas durante a lexislatura anterior. Unha posición incompatible coa decisión política de legalizar as construcións. A exposición de motivos da norma publicada no DOG a pasada semana argumenta que o novo texto pretende "emendar unha serie de anomalías, defectos e dificultades detectadas á hora de aplicar o decreto ata a entrada en vigor do futuro plan xeral", para o que aínda non hai data.

1 comentario:

VOLTAIRE.VIGO dixo...

LOS BAÑOS DEL BAO EN ATLANTICO

También que exigentes sois algunos… Yo misma pase ayer de mañana por la zona y me llamo la atención esa imagen y lo primero que se me vino a la cabeza es que como la responsable del tema CHUS LAGO, es muy “progre” y esta acostumbrada a andar por los montes y las corredoiras y cuando le da el “apretón” lo hace detrás de algún sabujeiro, pensara que ya esta de más y con la taza los bañistas y turistas, ya van de culo.
Ya solo falta que en vez de panel higiénico, pongan unas HOJAS DE PARRA para limpiarse.

También puede ser que como se acostumbro a dar las CONCESIONES A DEDO a las empresas “amigas” y como DONDE HAY CONFIANZA DA ASCO, estas pensarían que con tanta ventilación, ya no hace falta personal que limpie y se ahorran los dineritos del sueldo, que es el que se va en la “comisión”.

Pudiera ocurrir que este EN LA NUBE celebrando lo de los tres años de su amo, DON ABEL, que junto a su FELPUDO dicen que lo hicieron muy bien estos tres años…

Señor, señor, que asco… No solo la imagen, sino los INEPTOS responsables.